Móbiles intelixentes escollen o mellor WiFi

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Investigadores do MIT (Massachusetts Institute of Technology) desenvolveron unha tecnoloxía capaz de predicir o movemento dun terminal móbil co obxectivo de que este escolla a rede WiFi máis axeitada. O dispositivo seleccionará automaticamente a que ponderadamente sexa a mellor conexión, co fin de evitar a caída de Internet.
 
O profesor do MIT Hari Balakrishnan, condutor do proxecto, explicou a natureza do seu traballo. Trátase da implementación duns sensores no dispositivo móbil que se combinan con software para buscar o mellor sinal de rede sen fíos.
 
A tecnoloxía desenvolvida no MIT permite ao usuario dun terminal móbil conectarse á rede WiFi máis axeitada para un uso ininterrompido de Internet. Os cortes de conexión son un problema común cando o dispositivo detecta o sinal sen fíos na rúa e posiblemente deba utilizar máis dunha, xa que se atopa en movemento. Co fin de evitar isto construíuse un sistema que permite facer unha lectura máis previsora do ámbito.
 
A tecnoloxía que estaría presente no dispositivo móbil sería un sistema de GPS, sensores de aceleración e outros servizos que permiten predicir o movemento. Con estes datos o terminal pode informar sobre a súa situación e tamén sobre cara a onde se dirixe. Desta forma pódese conectar a un punto de acceso que, malia non ser o máis óptimo nese momento, será o máis adecuado un pouco máis tarde.
 
Máis doado con Android
 
O profesor Balakrishnan sinala que nas probas que realizaron ao fío da investigación as melloras no funcionamento da conexión se cuantificaron nun 40 a 60% para os dispositivos que se estaban a mover. O servizo tamén podería mellorar a calidade das redes 3 G.
 
Non obstante, facendo referencia aos diferentes tipos de dispositivos. Balakrishnan pon de manifesto que é máis doado traballar en Android pola natureza aberta do sistema operativo móbil. En cambio, para iOS, a plataforma de iPhone, aínda que tamén é posible, os terminais requiren de facer jailbreak.
 
(Fonte: ABC)