Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Universidade da Coruña desenvolve un enchufe intelixente que prevén electrocucións e evita incendios

Investigadores da Universidade da Coruña (UDC) idearon un enchufe intelixente chamado "Smart Socket", orientado á prevención do sobreconsumo para evitar incendios e curtocircuítos.

O Sergas, Ferrovial, Juan Miguel Villar Mir e Inoxpa, Premios Nacionais de Innovación

O Ministerio de Economía e Competitividade publicou a concesión dos Premios Nacionais de Innovación e Deseño. Estes galardóns recoñecen as achegas ao desenvolvemento da innovación tecnolóxica e a utilización do deseño como elemento innovador que fan profesionais e empresas.

O CDTI comprometerá 125 millóns de euros para o novo programa CEN

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) comprometerá este ano 125 millóns de euros para financiar proxectos de I+D correspondentes ao novo Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CEN), cuxo prazo de presentación finaliza o 15 de xullo. Este programa financia grandes proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental realizados por consorcios empresariais, co obxectivo de desenvolver unha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional.

Os 10 avances tecnolóxicos máis rompedores do 2014

O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) publicou o seu informe anual TR10 nel móstranse os dez avances tecnolóxicos que despuntarán en 2014. Segundo o MIT, estes inventos deixarán pegada a partir deste ano, xa que resolven problemas actuais, ou crean novas formas de utilizar a tecnoloxía.

Tecnoloxía "made in Spain" para almacenar as enerxías limpas

Unha das críticas que se fan ás enerxías renovables é que non é posible predicir cando e canta enerxía producirán. Un proxecto pioneiro levado a cabo en España soluciona este problema e consegue unha forma de almacenamento de enerxía eléctrica a grande escala.

"Innovación para a inclusión", unha aposta para emprendedores sociais

Telefónica presenta "Innovación para a inclusión", que ten como obxectivo premiar as mellores prácticas de emprendemento que formulen solucións para as persoas con discapacidade.

Tecnópole abre o prazo de inscrición para o seu campamento tecnolóxico de verán

Tras o éxito o ano pasado do que foi o primeiro campamento tecnolóxico de verán que se celebraba en Galicia, Tecnópole organiza unha nova edición dos Tecnópole Technological Workshops (T2W), que acaban de abrir o seu prazo de inscrición.

Tecnópole acolle a IV Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos

Parque Tecnolóxico de Galicia acollerá o próximo 10 de xullo a IV Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos, promovida e financiada pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e organizada polo Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), coa colaboración de Tecnópole. O IV Bio Investor Day, aberto a promotores de proxectos no ámbito da biotecnoloxía interesados en conseguir financiamento, incorpora nesta edición un programa de formación e aprendizaxe.

Estudantes das Aulas Tecnópole conseguen dúas mencións extraordinarias no certame "É de libro"

Alba Fernández, Uxía García, Saúl Cid e Álvaro Babarro, alumnos das Aulas Tecnópole, foron merecedores de dúas mencións extraordinarias do certame estatal "É de libro", no que competiron 2150 estudantes de toda España.

A Xunta abre en Tecnópole oportunidades para as empresas galegas no mercado canadense de materiais avanzados

A Consellería de Economía e Industria, coa colaboración da Embaixada de Canadá, organizou en Tecnópole unha xornada técnica sobre oportunidades de colaboración entre empresas galegas e canadenses no sector dos materiais compostos ou composites, unha familia de materiais sintéticos avanzados que se usan especialmente nos sectores da aeronáutica e da automoción.

Primux Tech colaborará coa Asociación de Dano Cerebral Adquirido Renacer

A empresa de Tecnópole Primux Tech asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Dano Cerebral Adquirido Renacer para ofrecer condicións especiais aos seus membros e doar equipamento para as persoas que non teñan recursos para adquirilo.

Os parques científicos e tecnolóxicos españois crecen en número de empresas, emprego e facturación

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) presentou durante a súa última asemblea xeral, celebrada en Castellón, os datos estatísticos sobre a evolución que experimentan os parques científicos e tecnolóxicos españois.

Páxinas