Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Recoñecemento facial como alternativa aos contrasinais

A habilidade humana no recoñecemento de rostros ofrece unha alternativa aos múltiples contrasinais que os usuarios de computadoras e teléfonos celulares usan e a miúdo esquecen, segundo un artigo que publica a revista Peer.

O tofu pode conseguir os paneis solares máis efectivos da historia

O cloruro de cadmio é, hoxe en día, un ingrediente clave na fabricación de células solares e é utilizado en millóns de paneis ao longo e ancho do mundo. Este composto soluble é altamente tóxico e caro de producir, o que require altas medidas de seguridade para protexer os traballadores durante a súa ensamblaxe e eliminación, cando os paneis chegan ao final da súa vida útil.

Li-Fi, unha innovadora tecnoloxía como alternativa ao Wi-Fi

Unha empresa mexicana crea unha innovadora tecnoloxía que transmite audio, vídeo e internet a través do espectro de luz emitido por lámpadas led a unha velocidade de transferencia de suba a 10 xigabytes por segundo.

Unha empresa alemá prepara unha tecnoloxía capaz de converter calquera superficie en interactiva

Segundo recolle Technology Review nun artigo, o equipo da empresa alemá Metaio está a experimentar cunha tecnoloxía á que bautizou como Thermal Touch (toque térmico), que é capaz de detectar as pegadas de calor que deixamos nos obxectos cando os tocamos para converter estes en interactivos.

Soofas, un innovador banco que funciona con enerxía solar

Soofas, os bancos que funcionan con enerxía solar e serven para cargar móbiles mentres descansan do paseo, xa son unha realidade, e aparecerán nos parques de Boston a próxima semana.

Europa pon en marcha unha consulta pública on line sobre ciencia 2.0

A Comisión Europea pon en marcha unha enquisa coa que pretende coñecer a percepción cidadá sobre unha investigación e innovación cada vez máis aberta e compartida en internet.

Tecnópole acolle a presentación en Ourense dos instrumentos de apoio financeiro da Axencia Galega de Innovación e o CDTI

O próximo xoves 26 de xuño Tecnópole acollerá por videoconferencia a presentación dos instrumentos de apoio e financiamento que ofrecen ás empresas a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), en especial o programa Cien.

O prazo de preinscrición do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo comeza o día 27 de xuño

O Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo, no que colabora Tecnópole, chega este ano á súa sétima edición. O primeiro prazo de preinscrición está aberto dende o 27 de xuño ao 3 de xullo.

Intellectia Bank comercializará sementes de cogomelos

Intellectia Bank, empresa con sede en Tecnópole e integrada no Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias de Vida (Bioga), acaba de poñer en marcha a comercialización de semente de cogomelos, abrindo así unha nova vía de negocio. Só seis empresas en España contan con autorización para poñer este produto no mercado. A empresa ourensá lanza Miceup, a marca que comercializa o micelio en gran para poder cultivar cogomelos durante todo o ano.

Lisboa acolle o VIII Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos

Baixo o título 'Europa 2020: unha estratexia conxunta' os días 2 e 3 de xullo terá lugar en Lisboa o oitavo Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos, evento que promoven a Asociación Portuguesa de Parques de Ciencia e Tecnoloxía (TecParques) e a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).

Aimen inaugura en Porriño o maior centro de aplicacións láser de España

O Centro Tecnolóxico Aimen inaugurou recentemente as súas novas instalacións de vangarda de investigación en aplicacións láser, nas que se investiron 10,8 millóns de euros e que prestarán servizos avanzados a empresas de sectores como a automoción, a aeronáutica e a construción naval, entre outros.

A empresa Torus, gañadora dos Premios Emprendedor XXI en Galicia

A empresa Torus resultou gañadora da edición 2014 dos Premios EmprendedorXXI por ser a máis innovadora e con maior potencial de crecemento de Galicia, así como polo seu elevado nivel de compromiso e motivación co proxecto que emprendeu.

Páxinas