Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unha patente do CTAG permite deseñar a primeira chaqueta calefactable do mercado

A empresa galega Scio Innovation Technologies empezará a vender en setembro as súas chaquetas con calefacción incorporada, unha peza que segundo os seus creadores é única no mundo e permite ao usuario seleccionar a temperatura á que desexa estar a través dunha aplicación de móbil e mantela estable. Esta innovación foi desenvolvida en alianza co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), que achegou a patente dos tecidos calefactables, baseada nunha tecnoloxía de carbono. A compañía desenvolveu a nanotecnoloxía que permite xerar a calor cunha batería do tamaño dun teléfono móbil e unha gran autonomía e controlala a través dun teléfono intelixente.

España segue afastándose dos países de referencia nos seus indicadores de I+D+i

Os datos do último informe anual da Fundación Cotec indican que a profunda crise que está a vivir Europa, e especialmente España, ten inevitables consecuencias para o sistema español de innovación, aínda que non son igualmente intensas para todos os seus axentes e sectores, sendo o máis castigado o sector público. Con todo, tamén se observa un cambio de tendencia na opinión dos expertos consultados por Cotec, a principios de 2014, que se mostran algo menos pesimistas que en anos anteriores.

O 7,8% do PIB español depende xa da biotecnoloxía

A Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) presentou o Informe Anual ASEBIO 2013, que recolle os últimos datos do sector biotecnolóxico español. O informe destaca o crecente peso da facturación das empresas da chamada bioeconomía (as dedicadas á biotecnoloxía e as que se declaran usuarias) no PIB español, que en 2012 -último dato analizado- alcanzou o 7,8%. A evolución nos anos da crise, desde 2008, foi espectacular, xa que por entón a bioeconomía apenas supuña o 2,98% do PIB.

A Unión Europea abre unha convocatoria para adxudicar 1130 millóns en proxectos de innovación

A Unión Europea (UE), os seus Estados membros e o sector privado presentaron a primeira convocatoria para adxudicar 1130 millóns de euros de fondos públicos aos mellores proxectos que contribúan a mellorar a vida dos cidadáns e impulsar a competitividade europea en diversos ámbitos.

Innovadora ferramenta para medir o impacto social da I+D+i

Tecnalia e APTES desenvolveron unha novidosa ferramenta que avalía o impacto social que teñen os proxectos de I+D+i en calquera empresa ou entidade.

Investigadores españois proxectan deseñar un novo ladrillo para illar o ruído

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) propoñen mellorar a eficiencia acústica das paredes construídas con ladrillos cerámicos modificando a súa xeometría interna.

Un dedal intelixente podería substituír o rato no mundo en 3D

Trátase dun dispositivo tremendamente útil pero é bidimensional. ¿Que acontece co mundo tridimensional e a eterna promesa da realidade virtual, que parece que cada día está máis preto? ¿Que clase de dispositivo substituirá o rato cando empecemos a interactuar en tres dimensións?

O Bio Investor Day celebra a súa cuarta edición en Tecnópole

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) promove e organiza, coa colaboración do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Tecnópole, a IV edición do Bio Investor Day, que terá lugar este xoves día 10 no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Figuras en 3D que flotan, pirámides de espaguetes e robots protagonizan o campamento tecnolóxico de verán

Os 30 participantes do campamento de verán organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole experimentan das maneiras máis divertidas para adquirir competencias e habilidades tecnolóxicas. Ao longo destas dúas últimas semanas construíron foguetes impulsados por auga e pirámides con espaguetes, proxectaron figuras en 3D usando un smartphone e programaron robots, algunhas das actividades que están a desenvolver no único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia.

Primux presenta os seus novos smartphones Sigma, Omega 5 e Delta 4

A empresa de Tecnópole Primux Tech acaba de presentar o smartphone Sigma, xa dispoñible para a súa distribución e venda. O novo modelo, cualificado pola empresa como "o seu buque insignia", foi formulado para ser un smartphone de gran calidade e altas prestacións a un prezo competitivo. Ademais, sacou ao mercado novas versións dos seus modelos xa consolidados: os Omega 5 e Delta 4.

Universidades e parques científicos e tecnolóxicos españois e portugueses alíanse de cara a Horizonte 2020

Máis de 50 responsables de parques científicos e tecnolóxicos e universidades tanto españolas como portuguesas déronse cita na oitava edición dos Encontros Ibéricos de parques, evento organizado conxuntamente pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos Españois (APTE) e a súa homóloga portuguesa Associação Portuguesa de Parques de Ciência e Tecnologia (TecParques).

Unha empresa española inventa o Facebook das empresas

BeConnections é a primeira rede social creada para empresas. Un novo concepto de plataforma que combina o xeito de relacionarse de Facebook cun catálogo de compañías. Está enfocada a incentivar o intercambio comercial entre estas.

Páxinas