O MIT dá un gran paso no campo da impresión 3D

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) deron un paso de xigante no campo da impresión 3 D, ao desenvolver un prototipo de impresora capaz de imprimir ata 10 materiais diferentes ao mesmo tempo nun só obxecto.

A maioría das impresoras 3D convencionais só poden imprimir un tipo de material capa por capa, xa sexa plástico, metal, cerámica ou madeira. Non obstante, os investigadores do MIT concibiron un prototipo de impresora 3D capaz de desenvolver a impresión de ata 10 materiais diferentes ao mesmo tempo sobre un mesmo obxecto. O proxecto de investigación denomínase 'MultiFab: Unha máquina de visión artificial asistida para a impresión 3 D en tempo real', informa 'International Business Times.

O dispositivo aínda require moita intervención humana no proceso de impresión. Os datos da xeometría 3D recompilados polo escáner son enviados ao ordenador da impresora, que é capaz de axustar o proceso de impresión e decidir que materiais se necesitan para imprimir sobre o obxecto de acordo ás súas propiedades.

"Os deseñadores e enxeñeiros están afeitos a deseñar cun só material, polo que todo o paradigma do deseño cambiará. Iso vai requirir un novo hardware e software, e imos ter que cambiar a forma en que nós os enxeñeiros e deseñadores pensamos o deseño", afirmou Javier Ramos, enxeñeiro na investigación e coautor do traballo.

(Fonte: Agencias)