O MIT crea unhas células solares tan finas que poden aplicarse sobre calquera material

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

O profesor de tecnoloxías emerxentes do MIT Vladimir Bulović e o seu equipo son os responsables destas células que mostran unha potencia equivalente ás placas solares actuais, pero cun grosor de só 1,3 microns. A súa delgadeza e lixeireza son tan extremas que un metro cadrado desas células solares pesaría só 3,6 gramos.

O segredo de semellante miniaturización é o sistema polo que se fabrican as células. En lugar de cristal e sucesivos substratos de compostos sensibles á luz e soporte electrónico, toda a estrutura da célula se forma mediante un único proceso de deposición de polímeros vaporizados no interior dunha cámara ao baleiro. O material usado é o parileno, un polímero plástico de produción sustentable moi popular para protexer do medio dispositivos médicos ou electrónica sensible.

O proceso pódese realizar a temperatura ambiente e evita ter que manipular o substrato. Polo tanto, elimina completamente os contaminantes que reducen a eficiencia enerxética da célula.

O resultado é unha célula solar flexible, lixeira e fina que podería usarse para recubrir virtualmente calquera cousa. Bulović e o seu equipo recoñecen que aínda queda traballo antes de adaptar o seu invento á fabricación masiva de obxectos con propiedades solares, pero o paso máis difícil, que era crear a célula, xa está dado. "Non necesitamos milagres para facer isto realidade, só traballo" comentou o científico do MIT.

(Fonte: Univisión)