Miniprice Express factura 3 millóns coa venda online de produtos informáticos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa ourensá Miniprice Express, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, iniciouse hai oito anos na venda de produtos de electrónica por Internet e hoxe destaca entre as empresas galegas de máis rápido crecemento no segmento do comercio electrónico polo miúdo.

O ano pasado as súas vendas cifráronse en 3 millóns de euros e en 2015 espera chegar a preto dos 3,5 millóns, a pesar de que o primeiro trimestre reflectiu un estancamento da demanda e de que a depreciación do euro fronte ao dólar supón unha ameaza para seguir sendo competitivos en prezo.

Obtén o 90% dos seus ingresos a través de Amazon, que a catalogou como caso de éxito por triplicar as vendas nun ano e pola calidade do seu servizo de atención ao cliente, para o que conta con operadores no idioma nativo do cliente. Está presente nas cinco plataformas europeas do líder da venda online e xa suma máis ingresos polas operacións que realiza en Alemaña ou en Francia que pola demanda que concentra en España.

Ademais, a súa cifra de negocio en Italia e o Reino Unido tamén crece a dobre díxito. O seu produto estrela é un servidor doméstico (PC compacto) dunha coñecida multinacional, do que vende entre 80 e 100 unidades por semana, a gran maioría en Alemaña e Francia.

Á marxe de Amazon, a empresa factura un 10% coa venda directa dende a súa web. O plan de negocio contempla elevar o peso da comercialización propia ata un 25%. Miniprice Express ten como provedor a Supercomp Digital, que á súa vez comparte accionistas con PrimuxTech.

(Fonte: Expansión)