Microrobots para eliminar as bacterias da auga

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A contaminación da auga potable é un problema persistente de saúde pública que pode causar patoloxías potencialmente mortais cando non se dispón dun tratamento adecuado, como acontece en moitas zonas do mundo.

Aínda que o cloro ou outros axentes conseguen desinfectar a auga en boa medida, algunhas bacterias e outros microorganismos son moi resistentes e resultan difíciles de eliminar. Ademais, en ocasións os compoñentes destes desinfectantes poden ser prexudiciais para a saúde humana.

O estudo, publicado recentemente na revista ACS Applied Materials & Interfaces e dirixido pola investigadora postdoutoral Diana Vilela -membro do grupo Smart Nano-Bio-Devices do Instituto de Bioenxeñería de Cataluña (IBEC)-, describe o desenvolvemento de pequenos robots que poden nadar na auga e limpar ao seu paso as bacterias causantes de enfermidades.

Estes robots son deseñados como partículas esféricas con dous hemisferios diferenciados. Unha cara está feita con magnesio, que reacciona coa auga para producir burbullas de hidróxeno que propulsan os microbots. A outra cara está formada por capas alternas de ferro e ouro cubertas por nanopartículas de prata. As bacterias adhírense ao ouro e son eliminadas polas nanopartículas de prata.

"Os nosos ensaios no laboratorio mostran que os microbots poden navegar a través da auga durante uns 15 a 20 minutos antes de quedar sen magnesio e, neste tempo, son capaces de atrapar máis do 80% das bacterias E. coli en auga cunha alta concentración delas", explica Samuel Sánchez, un dos autores do traballo.

"Despois, debido ás propiedades magnéticas do ferro, os microbots poden ser recollidos facilmente cun imán, sen deixar ningún residuo na auga," conclúe.

(Fonte: SINC)