A metade das empresas españolas máis innovadoras basea os seus novos produtos en ideas da competencia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Preto da metade das empresas máis innovadoras en España basea os seus novos produtos en ideas que xa foron desenvolvidas pola competencia, segundo sinala un estudo da Universidade Pablo de Olavide. A análise, que se levou a cabo sobre unha base de 400 empresas de sectores como a química, as telecomunicacións e o automóbil, destaca que só o 7,5% centra o seu negocio na xeración de innovación dentro da propia compañía.
 
A metade das empresas máis innovadoras en España basea os seus novos produtos en ideas previamente desenvolvidas pola competencia. A esta conclusión chegou un estudo liderado por Ana Pérez-Luño, profesora da Universidade Pablo de Olavide, desenvolvido sobre unha base de 400 empresas de industrias como a química e a automobilística. Entre os resultados obtidos, publicados na revista científica Journal of Business Venturing, destaca que só o 7,5% das empresas analizadas centra o seu negocio na xeración de innovación dentro da propia compañía.
 
"Nun momento no que a vida dos produtos e dos modelos de negocio é cada vez máis curta, a capacidade das firmas para renovar a súa oferta de mercado converteuse en esencial", sinala Ana Pérez-Luño. Non obstante, a innovación, a aposta por xerar novas solucións ás necesidades do mercado e dos consumidores, non sempre se desenvolve de igual forma.
 
Para afondar nesta idea, os investigadores analizaron as empresas españolas con máis de 10 traballadores e que lanzasen ao mercado polo menos un produto nos últimos anos. En concreto, o estudo céntrase nos cinco sectores máis innovadores: as compañías químicas, as de telecomunicacións, as de instrumental médico e óptico, así como as industrias do automóbil e a doutros equipamentos de transportes.
 
Asumir riscos
 
Os resultados do estudo marcan dous perfís distintos de innovación entre as compañías analizadas. Por un lado, sitúanse aquelas empresas que adoptan a innovación. Suporían o 53,8% do total e lanzarían novos produtos baseándose nas ideas desenvolvidas pola competencia. Por outro lado, están as empresas que son xeradoras de innovación. As máis puras, que supoñen o 7,5%, son as que unicamente renovan a súa oferta con desenvolvementos propios da compañía. Nunha situación intermedia estaría o resto de compañías, o 39,3%, que contan cun perfil híbrido: xeran innovación pero, á vez, toman ideas doutras empresas.
 
Afondando un pouco máis na xeración de innovación, o equipo de investigadores atopou que a proactividade e a toma de riscos están vinculadas positivamente ao número de innovacións xeradas internamente. Outro dos achados sinala que o carácter dinámico do ámbito fai que a tendencia a asumir riscos sexa moito máis forte. Segundo os investigadores, isto pode deberse a que en determinados sectores, como o mercado dos teléfonos móbiles, as preferencias dos consumidores cambian rapidamente e o risco de lanzar novos produtos é, consecuentemente, maior.
 
(Fonte: SINC)