As mascarillas infantís galegas que se reutilizan como abono

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

En plena pandemia, as irmás Cristina e María Giraldo non atopaban mascarillas homologadas para nenos e que ademais fosen cómodas e aptas para a pel dos pequenos. Foi así como xurdiu a idea de fabricalas. E levaron a súa proposta á empresa de capital galego Gerifarma, dirixida por Javier López, quen achegou o seu coñecemento no campo farmacéutico e proporcionou o apoio financeiro e administrativo para poder levar a cabo o proxecto nun tempo marca.

«A zona onde estaba confinada Cristina, en plena Costa da Morte, sempre foi unha área chea de talleres téxtiles, pero moi poucos sobreviviron. Preguntamos aos veciños de Cabana de Bergantiños, e descubrimos que había un taller de confección, e aí empezou todo», explica María Giraldo. Así foi como falaron coas dúas propietarias, dúas mulleres e emprendedoras rurais, Irma Méndez e Noelia Soneira, e déronse de alta como fabricantes de artigos téxtiles despois de negociar con ambas as dúas canto querían gañar por cada nova máscara.

Os promotores da iniciativa coincidían na necesidade de impulsar un proxecto arraigado na contorna rural e respectuoso co medio ambiente. E aquí radica a principal novidade: trátase de máscaras fabricadas cunha fibra vexetal, biodegradables e que se poden reutilizar logo como abono, no que constitúe un dos exemplos que se encadran na chamada economía circular.

Desde Gerifarma apostaron por un tecido que ademais de ser apto para peles sensibles e previr o mask-acne (dermatite), non xera residuos, posto que é compostable, isto é, convértese en abono. Mesmo as gomas tamén contan co selo ecolóxico Oeko Tex. Son máscaras hixiénicas reutilizables para adulto e neno, confeccionadas segundo a especificación UNE 0065, que serven de barreira en ambos os sentidos para a redución do risco de contaxios pola covid-19. Destaca a súa lixeireza e que non necesitan filtro porque o tecido xa cumpre os parámetros de BFE e de respirabilidade esixidos, sen necesidade de tratamentos químicos engadidos ou filtros, explican os promotores da iniciativa.

Os creadores do proxecto están interesados en atopar socios galegos que compartan os seus valores e tamén na internacionalización a medio prazo, por iso o seu camiño uniuse ao do clúster tecnolóxico galego Bioga. A súa previsión para o 2020 e 2021, dependendo do escenario da covid, é a de chegar a unhas 32.000 máscaras distribuídas, sen contar posibles acordos para producir marca branca para outras empresas. As canles de de distribución elixidas son a presencial na farmacia e o dixital propio (a través de gerifarma.com) e o prezo por unidade sitúase nos 6,90 euros.

Un impulso importante para o proxecto supón que Gerifarma foi recentemente seleccionada para participar no programa de aceleración Connect-19, lanzado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole), para a comercialización de solucións innovadoras na loita contra o coronavirus.

Fonte: La Voz de Galicia