En marcha un proxecto para profesionalizar a producción da faba de Lourenzá (Centro Tecnolóxico da Carne)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Pór en valor a Faba de Lourenzá, desde a sanidade da semente, pasando polo cultivo e a comercialización, é o obxectivo do proxecto de investigación presentado pola cooperativa Terras da Mariña e no que tamén colaboran a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), o Centro Tecnolóxico da Carne e a Universidade de Santiago de Compostela.

A investigación centrarase en mellorar a produción deste cultivo sen minguar a súa calidade e logrando que adquira máis valor no procesado e na súa posterior comercialización. Con esta investigación quérese contribuír a lograr unha maior profesionalización entre os agricultores que se dedican a este produto. Para iso, abarcaranse varios ámbitos.

Por un lado, avaliarase a sanidade dos lotes de semente e realizarase un seguimento epidemiolóxico para atopar as mellores técnicas de cultivo, de protección e de selección desas sementes. Por outro lado, o proxecto busca homoxeneizar a calidade da faba e crear un programa de trazabilidade e xestión integral deste produto, con datos que inclúan a súa procedencia e a traxectoria dos lotes.

No que respecta á comercialización, a iniciativa aspira a revalorizar a Faba de Lourenzá, deseñando novos produtos para os mercados, como o hummus de faba, que xeren valor engadido mantendo unha produción sustentable. Este proxecto está financiado nun 80% polo Fondo Europeo, a Xunta e o Goberno central.

Fonte: La Voz de Galicia