Máis de tres millóns de novos drons levantarán o voo en 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A falta dunha actualización da regulación nacional en materia de vehículos aéreos non tripulados, o negocio de altos voos dos chamados drons segue á alza. Espérase que os ingresos globais alcancen os 6000 millóns de dólares (5600 millóns de euros) ao longo deste ano grazas ao incremento da produción nun 39% respecto ao pasado ano ata chegar a fabricar uns tres millóns de unidades.

Segundo datos da consultora Gartner, eses datos seguirán aumentado nos próximos anos ata alcanzar os 11.200 millóns de dólares (11.800 millóns de euros) ata o ano 2020. Os analistas apuntan a unha converxencia entre os drons de uso lúdico e os de corte profesional, destinados a infinidade de proxectos (agricultura, vixilancia, seguridade).

Normativas actualizadas

Ese escenario porá de relevo, a teor dos datos, unha superposición de diferentes tipos de operadores, o que se fará necesario actualizar as leis actuais en materia de seguridade aeroespacial. De feito, dende a Axencia Española de Seguridade Aérea (AESA), que traballa conxuntamente co Goberno español na creación das novas normativas, reiteraron recentemente a importancia de contar cunha regulación a nivel europeo e do establecemento do chamado «U-Space» (espazo urbano) como a "pedra angular para as operacións seguras e protexidas» con drons que «respecten a privacidade e a protección do medio".

As previsións apuntan a que os drons de uso persoal e lúdico seguirán aumentando en popularidade como unha extensión dos teléfonos móbiles intelixentes como accesorio para realizar fotografías e realizar outras operacións de entretemento como apoio aéreo en adestramentos deportivos. A consultora, en concreto, prevé que ao longo do presente ano se comercialicen máis de 2,8 millóns de unidades. A maioría de drons deseñados para este público non superan a media hora de autonomía e teñen pesos por debaixo dos dous quilogramos.

Non obstante, os drons de corte profesional, aqueles que se utilizan para fins empresariais, acumularán un mercado lixeiramente máis pequeno, pero favorecerán aos ingresos ao ter prezos máis elevados en comparación cos modelos de consumo. Venderanse, pois, unhas 174.000 unidades. En total, representan unha cota de mercado en torno ao 1% do mercado, pero os expertos cren que este segmento seguirá aumentando nos próximos anos ata alcanzar o 20% en tres anos grazas ao impulso de proxectos relacionados co transporte aéreo e vixilancia industrial.

Impulso de ámbitos agrícolas e vixilancia

Noutros ámbitos o negocio tivo menor interese. Esperábase que no sector agrícola fosen un éxito abraiante, pero tivo un "crecemento máis lento do esperado". O desafío, segundo os expertos, é que a agricultura adopte os drons como ferramentas imprescindibles e supere o 7% de cota de mercado en 2020. Noutros ambientes como as inspeccións industriais (petróleo, enerxía) si tiveron, pola contra, un grande éxito e espérase que este uso profesional acumule o 30% do mercado dos drons comerciais ata 2020.

Non obstante, os drons de transporte pensados para entregas menores (que firmas como Amazon ou MRW xa están a experimentar) chamaron a atención, pero polo momento os expertos descartan que o seu impacto sexa grande. "Os mercados de drons comerciais e persoais estanse a superpoñer cada vez máis, xa que os dispositivos persoais a baixo prezo se están a utilizar para usos profesionais. Os avances tecnolóxicos recentes esfuman as liñas, permitindo que os drons persoais sexan utilizados en moitas aplicacións especiais como vixilancia, mapeo en 3D e deseño,", sinala nun comunicado Gerald Van Hoy, analista de Gartner.

Pero, para iso, numerosos países -entre eles, España- están a definir na actualidade as súas regulacións para o uso dos drons, ao mesmo tempo que cada vez máis empresas están a probar a aplicar esta tecnoloxía aos seus procesos industriais, a pesar que os drons preparados para realizar entregas aínda se atopan nunha fase incipiente: "Os drons de entrega estarán sumidos en problemas loxísticos como o tempo necesario para devolver un dron ao seu punto de orixe despois da entrega e ascenderá a menos do 1% do mercado comercial para 2020", engade.

(Fonte: ABC)