Máis de mil empresas da provincia fan uso da intelixencia artificial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Real Academia Española define a intelixencia artificial como a disciplina científica que se ocupa de “crear programas informáticos que executan operacións comparables ás que realiza a mente humana, como a aprendizaxe ou o razoamento lóxico”. A revolución da que abrevian como IA no sector é silenciosa en Ourense, pero está a despuntar: máis de 1000 empresas da provincia xa empregan tecnoloxías de intelixencia artificial nos seus procesos. As aplicacións son infinitas, da informática á sanidade, pasando polo lecer.

Na carreira por liderar esta disciplina científica, Ourense aposta por 50 prazas dun grao e 20 dun máster en Intelixencia Artificial, que se estrean nuns meses no Campus. “Hai moito interese e chamadas. Pode haber gran demanda e creo que se encherán as prazas sen problema”, adianta Francisco Javier Rodríguez, director da Escola de Informática na que se implantarán estes títulos.

De pano de fondo, Galicia manifestou o seu interese por situar aquí a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial. Entre as cidades españolas que o queren, tamén está Ourense.

Por explotar

Na comparativa co resto de provincias galegas, Ourense é a que menor porcentaxe de empresas que empregan tecnoloxías de intelixencia artificial ten: un 4,5%, é dicir, 1000 das máis de 22.000 compañías que hai creadas na provincia. En Pontevedra son o 5,5% de compañías de 10 ou máis traballadores as que usan estas técnicas, en Lugo o 7,9% e na Coruña o 9%, segundo os datos facilitados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Galicia (Amtega).

Outro dato curioso é que en Ourense non existen empresas con menos menos de 10 traballadores que utilicen esta tecnoloxía: é dicir, todas as que empregan IA teñen máis de 10 empregados. Con todo, as máis de 1000 compañías que si están nesta carreira, marcan o camiño ao resto para que a IA acabe de explotar en Ourense.

Fonte: La Región