Máis madeira, a clave para a construción sostible en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os expertos coinciden en sinalar “o século XXI como o século da madeira”, destacando especialmente as súas propiedades ambientais, ao ser renovable, biodegradable e neutra en emisións de gases de efecto invernadoiro. O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) indica o impacto que podería ter un incremento na súa utilización para a economía autonómica, que consideran moi relevante, resaltando desde a súa importancia na creación de postos de traballo nas zonas rurais á xestión dos bosques para a redución do risco de incendios.

“As súas posibles aplicacións son múltiples, trátase do material máis versátil do planeta”, argumentan. Os campos máis prometedores para a madeira como material son o sector da construción, a industria téxtil e a petroquímica. “A tecnoloxía para todos eses usos xa está dispoñible e é viable”, pois as industrias do sector estiveron “os últimos 20 anos traballando en gran cantidade de innovacións que esperan materializarse agora”.

Grazas á madeira contralaminada, sinalan desde o Clúster, o da construción é un dos campos máis avanzados nese rexurdir da madeira. Existe unha enorme oportunidade da madeira para edificación para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 no sector da construción, un dos ámbitos económicos con maior impacto ambiental. “Por cada tonelada de madeira que substitúe ao cemento, evitamos emitir dúas toneladas de CO2, segundo diferentes estudos”, detallan os seus expertos.

Espérase que o mercado da madeira laminada cruzada (CLT) medre anualmente un 1% e se expanda até 2300 millóns de dólares -algo máis de 2027 millóns de euros ao cambio actual- para 2025.  O informe Retos e Perspectivas de Investimento en Galicia 2022, elaborado por BDO Spain a partir da opinión de empresas do tecido produtivo galego e de firmas de investimento de capital privado, sitúa á industria forestal-madeira como un dos cinco sectores máis atractivos para o investimento en Galicia. “Por primeira vez, a industria forestal colócase entre os cinco sectores máis atractivos da economía galega para atraer investimentos, vencellado co desenvolvemento da sustentabilidade e o uso de materiais naturais como a madeira”, alegan.

Fonte: El Correo Gallego