Máis de 500 empresas optan ás axudas Feder-Innterconecta 2 en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A convocatoria do programa Feder-Innterconecta correspondente a este ano tivo grande aceptación no sector empresarial galego, que presentou 119 propostas para proxectos de I+D cun presuposto total que supera os 267 millóns de euros. En total participan 524 empresas, das que o 70% son pemes, e 297 organismos de investigación, segundo datos provisionais analizados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI).

Os proxectos -de carácter estratéxico e gran dimensión- que finalmente resulten seleccionados deberán ter un elevado compoñente tecnolóxico, potencial de internacionalización e contribuír á creación de emprego cualificado.

Cooperación público-privada

Esta convocatoria enmárcase no ámbito da colaboración establecida entre o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial e a Axencia Galega de Innovación, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, para fomentar a investigación, o desenvolvemento e a cooperación entre os diferentes axentes do sistema galego de Ciencia-Tecnoloxía-Empresa.

Da análise das solicitudes presentadas cabe destacar tamén a alta porcentaxe da participación dos organismos de investigación con respecto ao presuposto total dos proxectos presentados, que se eleva a case o 19%, preto de catro puntos por enriba da porcentaxe establecida como obrigatorio nas bases do programa. Ademais, a capacidade dinamizadora desta iniciativa permitirá elevar o nivel competitivo das empresas galegas a través da innovación.

Feder-Innterconecta outorga axudas en forma de subvencións cofinanciadas co Fondo Tecnolóxico, que é unha partida especial dos fondos FEDER da Unión Europea 2007-2013 dedicada á promoción da I+D+i empresarial en España. No caso da Comunidade autónoma de Galicia, xestiónanse polo CDTI e a Axencia Galega de Innovación.

Ata agora aprobáronse 26 proxectos na primeira convocatoria Feder-Innterconecta de Galicia, que mobilizaron un presuposto global de 61,5 millóns de euros. As subvencións concedidas a estes proxectos ascenden a 29,9 millóns de euros.

(Fonte: CDTI)