Máis de 300 cooperativistas galegos aprenden a innovar a través do proxecto I+COOPERA

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Consellería de Traballo e Benestar celebra o próximo día 19 de outubro o acto de peche do proxecto I+COOPERA, unha iniciativa de fomento da innovación no cooperativismo que beneficiou a máis de 300 cooperativistas galegos.
 
O proxecto, dirixido a promover un sector cooperativista máis competitivo, incluíu diferentes actividades para impulsar a aprendizaxe e a iniciativa nos campos da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
 
A xornada ‘A innovación vista de cerca’, coa que se cerrará este proxecto o próximo 19 de outubro en Santiago, achegará experiencias reais sobre innovación e un conxunto de recursos dispoñibles para poñer en práctica a innovación nas súas entidades.
 
O encontro está dirixido aos axentes involucrados no sector cooperativista galego: cooperativas, asociacións, traballadores e, en xeral, a todas as persoas interesadas en coñecer a importancia de apostar pola I+D+i como factor clave de éxito.
 
Un conxunto de recursos para innovar
 
I+COOPERA puxo a disposición das cooperativas galegas de calquera sector servizos de información, formación e titorización no deseño de proxectos de I+D+i e de divulgación e difusión.
 
Seis cursos, cinco redes de innovación, seis casos de éxito, dous estudos e xornadas e actividades de difusión foron as actividades desenvolvidas durante a execución de I+COOPERA.

Máis información en www.innovacioncooperativas.com.
 
(Fonte: Consellería de Traballo)