Máis de 3,3 millóns de euros para mellorar os parques empresariais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta de Galicia resolveu a orde de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos, que beneficiarán a un total de 29 municipios -todos eles Concellos Emprendedores-, unha iniciativa enmarcada dentro da Lei de implantación empresarial e que ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para Galicia.

Destínanse 2,5 millóns que mobilizarán máis de 3,3 nun total de 34 proxectos que se realizarán en 30 parques empresariais. A maior parte das axudas -24- teñen como obxectivo o desenvolvemento de infraestruturas viarias, pero tamén se acometerán iniciativas relacionadas coa instalación de plantas de depuración de auga, colectores con verquido á depuradora municipal, xestión de residuos, sistemas de seguridade e vixilancia e instalacións comúns destinadas á loita contraincendios dentro do parque empresarial.

Por provincias, a de Ourense realizará 10 proxectos en oito concellos, con axudas por máis de 691.000 euros. A Coruña desenvolverá un total de nove iniciativas noutros tantos concellos; Pontevedra tamén executará nove proxectos en sete concellos; e Lugo, seis iniciativas en cinco municipios.

Esta orde de axudas contribúe a apoiar aos concellos galegos e supón un impulso para a captación de investimentos en Galicia, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios da Lei de implantación empresarial aprobada en 2017. Permiten fortalecer o tecido empresarial mellorando a súa competitividade a través de infraestruturas que axudan a consolidar a oferta de solo empresarial, repercutindo na creación de emprego.

A maiores, este ano convocouse por primeira primeira vez unha nova liña de apoios para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica (ampliación de potencia da subministración eléctrica). O obxectivo é cubrir a necesidade dos parques empresariais galegos de contar cun abastecemento de enerxía eléctrica a través de redes de distribución que acheguen seguridade e calidade ás demandas das empresas instaladas.

Fonte: La Región