Madrid acollerá o congreso das ideas para cambiar o mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Madrid converterase novamente na capital do coñecemento coa celebración da oitava edición do congreso Mentes Brillantes. O evento, considerado o ‘congreso das ideas’, celebrarase os días 26 e 27 de abril de 2018 no Teatro Circo Price da capital.

Trátase dun encontro onde 21 destacados expertos nacionais e internacionais dispoñen de 21 minutos cada un (que é o tempo que os expertos estiman que o cerebro presta a máxima atención) para expoñer as súas últimas tendencias sobre educación, creatividade, filosofía, ciencia, alimentación, tecnoloxía, innovación, saúde, neurociencia, futuro, etc.

O obxectivo de Mentes Brillantes é, durante dous días, inspirar e cuestionar o cuestionable, “abrindo novos diálogos arredor de pensamentos orixinais de mentes abertas que se atreveron a alterar paradigmas. Mentes que inspirarán aos asistentes a atreverse a imaxinar, a arriscarse, a ser creativos…”, explicou a organización.

Esta oitava edición está impulsada por National Geographic e conta co patrocinio de recoñecidas marcas como El Corte Inglés, SAP ou Yoigo. O evento estará dividido en diferentes bloques temáticos que estimularán un ano máis, cada unha das neuronas das máis de 2000 persoas que se espera que acudan. Desta forma, Mentes Brillantes busca servir de punto de encontro para coñecer as últimas tendencias sobre os temas máis tratados na actualidade da man dos referentes en cada área. Por iso, ao final de cada bloque temático, celebrarase un debate no que o público poderá formular preguntas aos relatores.

Presentado por Pere Estupinyá, recoñecido divulgador científico, esta nova edición de Mentes Brillantes organizada por TPI, acollerá entre outros a Alejandro García, creador de ‘Época’, as primeiras lentes intelixentes para compartir coñecemento; Mark Fenwick, arquitecto do novo estadio de fútbol para o Valencia C.F., un dos máis grandes en Europa; ou Alberto Royo, autor do libro Contra a nova educación.

(Fonte: Innovaspain)