Lograr a sustentabilidade dixital, un desafío para os usuarios de internet

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os fabricantes de dispositivos dixitais invisten cada vez máis recursos e innovación en reducir o consumo de enerxía dos seus produtos para conseguir unha menor dependencia eléctrica. O uso de calquera dispositivo que consuma enerxía, especialmente ordenadores e servidores informáticos, implica xerar unha certa cantidade de CO2 á atmosfera, unha situación que empezou a preocupar aos especialistas ambientais polas repercusións que estas emisións poden ter a longo prazo.

A gran demanda de electricidade dos servidores dos que dependen os portais de internet é un tema importante para conseguir a sustentabilidade dixital, unha situación que o portal WebSiteToolTester analizou nun informe no que pon de relevancia a relación entre o uso dos sistemas informáticos cun aumento na contaminación do planeta.

Cada vez que o usuario cambia de pestana está a pedir información ao servidor, polo que este consome electricidade para xestionar a petición e devolver os datos necesarios que permiten navegar pola páxina. Cuantos máis recursos teña o sitio web (incluíndo imaxes, vídeos) máis pesado é á hora de cargar, máis recursos consome e máis contamina ao incrementar a súa pegada de carbono. É o caso, por exemplo, de Netflix que, debido á amplitude dos seus contidos e o seu elevado número de usuarios, xera máis de 24.000 toneladas de carbono anualmente. Con todo, esta plataforma non é o sitio con maior pegada de carbono. YouTube, con millóns de vídeos, transmisións en vivo ou reprodución de temas musicais, dispara a súa achega até as 702.000 toneladas anuais. Das plataformas de compra “online”, a máis contaminante con diferenza é Amazon, que produce 93.000 toneladas anuais, das que preto dun terzo, unhas 27.000 toneladas, xéraas a súa versión en español.

Resolver o problema da pegada de carbono no uso de Internet non é sinxelo, pero pode limitarse o seu impacto optimizando as páxinas e os seus contidos.

Fonte: La Región