A liña do ICO-Covid inxectou un promedio de 152.561 € por empresa

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Preto de trinta mil empresas galegas víronse beneficiadas cos 4.537,8 millóns de euros de financiamento garantido polo Executivo central a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO). A media por empresa sae a 152.561 euros. En total, neste catro meses fraguaron, segundo a Delegación do Goberno, 44.181 operacións empresariais en Galicia con respaldo do Goberno. Cada unha toca a 102.709 euros.

A Liña de Avais do ICO chegou a 29.744 empresas galegas, a maioría persoas que traballan por conta propia e pemes. Por provincias, A Coruña suma 1.853,7 millóns para 18.135 operacións de 12.229 empresas. Pontevedra acumula 1.659,7 millóns para 15.898 operacións de 10.557 empresas. En Ourense son 612,9 millóns en 4.721 intervencións crediticias para 3.270 pemes. Por último, Lugo ten 411.400.000 euros que se reparten en 5.427 operacións de 3.736 empresas.

A Delegación do Goberno destaca “o compromiso con Galicia da vicepresidenta terceira e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital, Nadia Calviño”. Este apoio sitúa á comunidade como a sexta con máis financiamento garantido do conxunto do Estado, dentro dos cen mil millóns en avais.

Fonte: El Correo Gallego