LG presenta nas Vegas a Nespresso que fai cervexa

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A firma surcoreana LG presentou na feira de electrónica de consumo que se celebra nas Vegas (Estados Unidos) unha innovadora máquina que permite elaborar cervexa na casa utilizando cápsulas de fermento e aderezos como se se tratase dunha cafeteira.

A máquina ocúpase de todo o proceso, dende a fermentación á carbonización e o envellecemento da cervexa, que tarda unhas dúas semanas en completar. Transcorrido este período, o cliente disporá de 5 litros.

Cada cápsula contén malte, fermento, lúpulo e aderezos para o sabor. Segundo LG, mesmo se poderá fabricar cervexa de trigo. Unha vez rematada a produción, o aparato límpase a si mesmo antes de empezar co seguinte ciclo.

En paralelo, unha aplicación para o móbil permite seguir todo o proceso e avisa ao usuario cando a cervexa está lista para ser consumida.

(Fonte: Innovamás)