A lámpada máis eficiente do mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Nun planeta con recursos cada vez máis limitados e un delicado medio ambiente, resulta esencial favorecer todas aquelas accións encamiñadas ao aforro enerxético.
 
Baixo esta filosofía, o Departamento de Enerxía dos Estados Unidos (DOE), celebra desde hai tres anos un concurso no que os principais fabricantes de produtos de iluminación do país compiten por desenvolver novos dispositivos, máis eficientes e avanzados tecnoloxicamente, que permitan o aforro para fogares e industrias. 
 
Trátase do prestixioso L-Prize. Os gañadores da edición 2011 acaban de ser anunciados en Washington, tal e como podemos ler na bitácora Medio.org. Unha das tres categorías das que se compón o certame, propoñía aos participantes un difícil reto: fabricar unha lámpada de alto rendemento que fose capaz de substituír ás convencionais de 60 watts utilizadas no país. 
 
Tras meses de duro de traballo, a empresa Philips Lighting América do Norte asombrou a todo o mundo desenvolvendo unha lámpada tipo LED que se axusta aos rigorosos requisitos do concurso, tanto no rendemento, calidade, duración e prezo.
 
O modelo en cuestión, consome unicamente 9,7 watts e ten unha vida útil de 25.0000 horas (fronte aos 60 watts e 1.500 horas das lámpadas tradicionais) e por suposto, ilumina o mesmo. Aínda que o prezo de partida tras o seu lanzamento en 2012 será duns 30 euros, o fabricante estima que poderá reducirse á cuarta parte en dez anos.
 
Pero para que entendamos a importancia e magnitude deste novo produto, o mellor é realizar un sinxelo cálculo: en Estados Unidos véndense 425 millóns de lámpadas de 60W, polo que a substitución destas por unhas que consomen só 10 e posúen similares características lumínicas, representaría un aforro enerxético do 83%, ao redor de 35 teravatios-hora de electricidade, ou en diñeiro, 3.900 millóns de dólares ao ano, evitando ademais a emisión de 20 millóns de toneladas métricas de CO2. Con ese aforro, equivalente ao triplo do consumo anual de electricidade de Washington DC., poderíanse iluminar 18 millóns de fogares. 
 
Como premio polo seu desenvolvemento, Philips recibirá 10 millóns de dólares (uns 7 millóns de euros) que axudarán á fabricación das primeiras unidades destas ‘superbombillas’.
 
(Fonte: ABC)