Laboratorios Ojer Pharma inicia o ensaio clínico dun xel bioadhesivo para tratar infeccións da pel

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Laboratorios Ojer Pharma, spin-off da Universidade de Navarra, iniciou os ensaios clínicos dun xel bioadhesivo indicado para infeccións dermatolóxicas primarias, como a impetixe, as foliculites e as forunculoses.
 
As probas, autorizadas pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, realizaranse na Clínica Universidade de Navarra, en colaboración co departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e co Centro de Investigación en Farmacobioloxía aplicada (CIFA) do centro académico.
 
O novo medicamento é un lipoxel que vehiculiza o antibiótico á parte do corpo afectada pola infección dermatolóxica. Segundo o director de Ojer Pharma, Carlos González, "a formulación de Nobactine foi patentada pola súa capacidade de transportar moléculas lipófilas que deben actuar a nivel local e porque pode mellorar o perfil de eficacia e seguridade dos activos dermatolóxicos".
 
O fármaco, desenvolvido en colaboración coa Universidade de Barcelona, someteuse previamente a estudos de seguridade e eficacia nos departamentos de Toxicoloxía e de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Navarra.
 
Laboratorios Ojer Pharma S.L. é unha spin-off especializada no desenvolvemento de novos medicamentos para o tratamento de patoloxías dermatolóxicas, como infeccións, dermatite e lesións ulcerativas. "Con este novo fármaco", engade o seu director, "a compañía consolida o proxecto empresarial e continúa o desenvolvemento dos seus plans estratéxicos a través dun produto e unha tecnoloxía moi atractivos para o mercado internacional".
 
(Fonte: APTE)