Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A crise dos microchips durará ata 2022 e esixe solucións

Un estudo elaborado pola consultora Bain & Company asegura que a crise da escaseza de microchips semicondutores, que está a afectar á maioría dos fabricantes de vehículos en todo o mundo, durará como mínimo até 2022 e serán necesarios miles de millóns de euros para solucionala. O traballo asegura que, a pesar dos grandes investimentos que se anunciaron e ao apoio institucional, a curto prazo, as opcións que existen para resolver esta complicada situación son “moi limitadas”.

Futuras crises

Drons para reparar as fochancas da estrada

A Universidade de Vigo (UVigo) lidera o proxecto internacional Infra-Rob, a partir do que busca empregar solucións robotizadas autónomas para o mantemento da integridade, rendemento e seguridade das infraestruturas viarias e, con iso, reducir a sinistralidade existente en tramos con obras, tanto de traballadores como de condutores.

O “hub” de innovación dixital DATAlife buscará que Galicia sexa una biorrexión de referencia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, reuniuse co “hub” de innovación dixital DATAlife co obxectivo de avanzar no desenvolvemento desta iniciativa centrada nos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde.

Mil proxectos de dixitalización para piares estratéxicos da economía

Despois dun ano e medio de pandemia, o mundo empeza a espertar dun letargo, e faino completamente transformado, tamén a nivel económico. Galicia non é allea á nova etapa que se abre e, por iso, a Xunta impulsou un programa que funcione como puntal para a recuperación da actividade e a mellora competitiva dos ámbitos produtivos máis afectados no actual contexto. Por este motivo, porá especial énfase nos sectores téxtil, de construción naval e da automoción.

Efectos económicos da Covid-19 nas pemes españolas

A crise provocada pola Covid-19 afectou principalmente ás pequenas e medianas empresas de España e, máis concretamente, ás microempresas e ás que teñen unha antigüidade inferior a 10 anos. Tendo en conta que as pemes son o motor da economía, o Consello Xeral de Economistas de España (CGE) e a Fundación para a Análise Estratéxica e Desenvolvemento da Pequena e Mediana Empresa (Faed peme), coa colaboración da Cámara de Comercio de España, elaboraron o informe sobre o impacto económico da Covid-19 sobre a peme en España.

Impacto no emprego

Javier Taibo Gallego, novo director xerente de Tecnópole

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia -institución que preside a sociedade xestora do Parque- acaba de nomear a Javier Taibo Gallego novo director xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, en substitución de Ricardo Capilla.

Campamentos científicos e tecnolóxicos de verán con STEAMbites

O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia teñen en marcha a plataforma de aprendizaxe online STEAMbites, especializada en ciencia e tecnoloxía e enfocada principalmente a nenos e adolescentes. No marco desta iniciativa, este verán vanse celebrar varios campamentos científicos e tecnolóxicos para os máis pequenos, dirixidos a rapaces a partir de 8 anos de idade.

Oito drons aéreos e submarinos na loita contra o furtivismo

O servizo de Gardacostas de Galicia contará con oito drons aéreos e submarinos que serven para localizar manchas de contaminación, detectar defectos en embarcacións, atopar aparellos en zonas vedadas ou actuar en salvamento no caso dun naufraxio. Diso informou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen concretou que incorporan catro drons aéreos e outros tantos submarinos que estarán “fundamentalmente” nas bases da Coruña e Vigo e nos servizos centrais.

Drons fronte á contaminación dos mares

A tecnoloxía consolídase como aliada na loita contra a contaminación mariña, axudando a detectar, cuantificar e mesmo evitar a chegada de residuos como o plástico aos nosos mares a través do uso de drons. Un tipo de vehículo non tripulado tamén empregado fronte ás verteduras mariñas, con grandes resultados á hora de controlar e coñecer o estado destas evacuacións contaminantes.

Medio Rural dixitaliza as peticións do sector forestal para realizar tallas de madeira

A Consellería de Medio Rural, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), deron un paso máis na dixitalización do sector forestal mellorando o sistema de tramitación administrativo para solicitar a realización dunha talla de madeira.

Xunta e Bioga colaboran para desenvolver iniciativas que axuden a captar empresas biotecnolóxicas

A Xunta de Galicia aprobou o desenvolvemento dun convenio de colaboración co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para levar a cabo novas actuacións que permitan consolidar o papel do sector biotecnolóxico galego a nivel empresarial. Neste sentido, están a dar forma á nova Estratexia de impulso da biotecnoloxía 2021-2025, contribuíndo deste xeito a situar Galicia neste ámbito.

A galega PharmaMar pon en marcha o ensaio final de Aplidin con vistas á súa venda

A empresa galega PharmaMar deu comezo á fase III do estudo do Aplidin, o fármaco composto de plitidepsina que é empregado actualmente na batalla contra o mieloma múltiple en Australia e que reflicte uns prometedores e ilusionantes resultados na súa función antivírica. Nesta liña, tal como aparece no rexistro da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, a compañía está a probar este medicamento en pacientes COVID, co obxectivo de deixar patente tanto a súa efectividade como a súa seguridade.

Páxinas