Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Vodafone convoca a sétima edición dos Premios á Innovación en Telecomunicacións

A Fundación Vodafone España convocou a VII Edición dos seus Premios á Innovación en Telecomunicacións, creados hai sete anos co obxectivo de servir como incentivo ao desenvolvemento de propostas tecnolóxicas, tanto na súa fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade.

23 proxectos innovadores de enerxías renovables adxudícanse 1200 millóns de euros

Nos últimos anos, as enerxías renovables ampliaron o seu ámbito de acción máis alá da enerxía solar e eólica para abranguer multitude de subsectores. Reflectindo esta diversidade, adxudicouse un financiamento de 1200 millóns de euros a repartir entre 23 proxectos innovadores de demostración de enerxías renovables que se levarán cabo en 16 Estados membros da UE.

As TIC para discapacitados supoñen un volume de negocio de 1300 millóns

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación supoñen un mercado potencial por valor de 1300 millóns de euros segundo se desprende do informe 'Mercado e oportunidades de negocio das TIC accesibles en España' da Fundación Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC).

España ten menos risco para o comercio tecnolóxico que Xapón, Reino Unido e Suecia

A aseguradora de risco Crédito e Caución elaborou un mapa mundial de risco para a realización de comercio internacional no sector da electrónica e a tecnoloxía con datos sorprendentes. O risco non vai asociado nin á situación económica do país nin ao seu clima social. Así as cousas, España é un país máis aconsellable para realizar acordos comerciais que primeiras economías de países como o Reino Unido ou Xapón. Contamos as cautelas.

As dez tendencias tecnolóxicas do ano

"Os desafíos mundiais necesitan novas tecnoloxías para afrontalos", di o Consello de Tecnoloxías Emerxentes do Foro Económico Mundial (WEF), que fixo pública recentemente a súa lista das dez tecnoloxías emerxentes do ano.

Búscanse empresas de toda Galicia que queiran practicar a innovación aberta

Tecnópole busca empresas de toda Galicia que queiran practicar a innovación aberta para invitalas a participar nun encontro de formato novidoso que, a través de estímulos sensoriais, permitirá aos asistentes interrelacionarse e compartir coñecementos e oportunidades para colaborar en proxectos innovadores.

Primux lanza ao mercado os seus novos terminais Alpha e Omega

A empresa Primux, que acaba de instalar o seu departamento de desenvolvemento de novos produtos en Tecnópole, deu un paso máis na súa división de telefonía lanzando ao mercado dous novos terminais de 4.3" Alpha e 5" Omega.

Contact Comunicación pon no mercado un novo produto que representa a evolución tecnolóxica das felicitacións

A empresa de Tecnópole Contact Comunicación acaba de poñer no mercado un novo produto que representa a evolución tecnolóxica das felicitacións.

Supercomp presenta en Tecnópole unha nova familia de servidores informáticos

O distribuidor de equipos informáticos Supercomp presentou en Tecnópole, de man de Primux Trading, a nova familia de servidores HP ProLiant. Ao evento asistiron representantes de 50 empresas do sector da informática entre partners, distribuidores e empresas que actualmente ofrecen servizos e servidores HP en Galicia.

Economía e Industria investirá 8 millóns de euros este ano no fortalecemento do Sistema Galego de Innovación

A Consellería de Economía e Industria investirá ao longo deste ano 8 millóns de euros no fortalecemento do Sistema Galego de Innovación. As catro actuacións que centrarán esta aposta foron anunciadas este martes polo titular deste departamento, Francisco Conde, na primeira reunión do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación presidida por el.

Aberto o prazo para participar no Programa de Adestramento Individualizado en Innovación do Centro de Excelencia de Vigo

O Centro de Excelencia de Vigo mantén aberto o prazo para participar na segunda convocatoria do seu Programa de Adestramento Individualizado en Innovación.

Empresarios do sector metalmecánico de Galicia comparten experiencias no primeiro DemoLab do Centro de Excelencia de Vigo

Preto de medio centenar de persoas asistiron a semana pasada ao primeiro DemoLab organizado polo Centro de Excelencia de Vigo sobre novas tecnoloxías de aplicación industrial para o sector metalmecánico, celebrado no Centro Tecnolóxico Aimen.

Páxinas