Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta activará “unha lonxa” para que as empresas capten expertos en biotecnoloxía

A biotecnoloxía é un sector cada vez máis potente e con moitas oportunidades de crecemento. Con todo, as empresas biotech que hai en Galicia atópanse cun problema: non atopan profesionais altamente cualificados. A Xunta decidiu facilitar a captación e incorporación de persoal especializado a estes laboratorios. Para iso organizará unha “lonxa de talento”. Consistirá en eventos presenciais onde se porá en contacto ás empresas do sector con investigadores e técnicos, pero tamén con comerciais ou directivos con alto grao de especialización.

As exportacións galegas, en niveis de récord co automóbil como motor

Tras o freo que imprimiu a pandemia a inicios de 2020 no comercio mundial pola interrupción das cadeas de subministracións, nos cinco primeiros meses deste ano as empresas galegas exportaron mercadorías por valor de 9.469,9 millóns de euros, unha cifra que, ademais de marcar un récord, reflicte un incremento do 41,4% en termos interanuais, un avance sen parangón no conxunto de España, onde as vendas creceron un 23,5%.

Alianza na Raia para dar unha segunda vida ás perchas

O grupo Adolfo Domínguez impulsa un proxecto de I+D+i para reciclar perchas de madeira en desuso da súa rede comercial da man do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Ourense e o Polo de Innovación de Enxeñaría de Polímeros da Universidade do Minho, unha colaboración activa desde 2019 e que en 2020 permitiu converter estes utensilios en suxeicións para viseras de protección contra a covid.

O Clúster da Madeira renova o seu recoñecemento como agrupación innovadora

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo renovou a inscrición do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) no Rexistro Especial de Agrupacións Empresariais Innovadoras, ao que pertence desde o ano 2008. Desde entón, cada catro anos, conseguiu revalidar a cualificación.

A industria da madeira recupérase e a súa facturación roza os 2000 millóns

Durante as xornadas organizadas pola Axencia Forestal de Galicia (Xera), desveláronse datos como que a industria forestal e da madeira supón o 1,8% de todo o produto interior bruto (PIB) galego. Tamén que, tras unha pequena crise, o sector está a recuperarse e a súa facturación volve roldar a barreira dos 2000 millóns de euros anuais. Alcanzou os seus mellores resultados en 2018, cando a súa facturación superou os 2200 millóns de euros. Un ano despois, detectouse un descenso nas cifras atribuíble, sobre todo, á caída que se rexistra nos prezos da pasta de papel.

Lograr a sustentabilidade dixital, un desafío para os usuarios de internet

Os fabricantes de dispositivos dixitais invisten cada vez máis recursos e innovación en reducir o consumo de enerxía dos seus produtos para conseguir unha menor dependencia eléctrica. O uso de calquera dispositivo que consuma enerxía, especialmente ordenadores e servidores informáticos, implica xerar unha certa cantidade de CO2 á atmosfera, unha situación que empezou a preocupar aos especialistas ambientais polas repercusións que estas emisións poden ter a longo prazo.

Acelérase o uso de internet e da administración electrónica en Galicia por riba da media española e europea

A Axenda Dixital Galicia 2020 logrou os seus obxectivos dunha maior dixitalización da sociedade, un maior impacto socio económico e a creación de oportunidades. Neste sentido, en todo o período 2015-2020 a interacción das persoas de Galicia coa Administración por medios electrónicos foi superior á media de España e da Unión Europea. As xestións en liña representan xa o 7% das interaccións coas administracións en Galicia. Rexistrouse tamén un incremento significativo no uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), sobre todo nos grupos de maior idade.

Coquus optimiza a nutrición dos pacientes hospitalarios grazas a unha mellor xestión da información

Novos Sistemas de Información nace a finais dos 90 no sector das TIC.

O Parque Tecnolóxico gañará 341.000 metros de superficie

A Xunta prevé ampliar os terreos do Parque Tecnolóxico en 341.000 metros cadrados máis. Así o anunciou o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, nunha visita ao recinto, como respaldo ao novo xerente, Javier Taibo.

O Selecta de Coren, premiado en Bruxelas por sexta ocasión

O Xamón Selecta de Coren, único do mundo procedente de porcos alimentados con castañas galegas, foi recoñecido novamente co premio “Superior Taste Award”, alcanzando ademais nesta edición a máis alta cualificación posible, tres estrelas de ouro. No certame, convocado polo International Taste Institute de Bruxelas, líder mundial en avaliación e certificación de alimentos, o Xamón de castañas de Coren foi sometido a unha avaliación de sabor por parte dun xurado de chefs internacionais e expertos en degustación.

Un paso máis na supercondutividade (CITI)

Dous científicos sénior e un doutorando en formación. Luís Romaní (73 anos) e Gerardo Domarco (83), catedrático emérito e profesor xubilado da Universidade de Vigo, dirixen a tese que defendeu no edificio Politécnico do campus de Ourense Esteban Paredes Barros, (Monterrei, 1992) graduado en Física pola USC e máster en Enerxías Renovables. Os resultados que o investigador presentou avanzan un pouco máis no complexo fenómeno da supercondutividade, que é a capacidade de certos materiais para transportar corrente eléctrica sen resistencia nin perda de enerxía.

Clusaga estrea o seu plan estratéxico ata 2025

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) ten clara a liña que debe seguir nos vindeiros anos para que o sector siga a ter un papel central na economía galega, tanto en termos produtivos como sociais. Tanto é así que Clusaga aprobou, na última asemblea xeral, o seu Plan Estratéxico 2021-2025.

Páxinas