Jóvenes Empresarios premian ás empresas de Tecnópole Conexiona e a Txstockdata

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Dos dous premios e os tres accésits concedidos pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia na súa última edición de recoñecementos, dous deles viñeron parar a empresas con sede en Tecnópole.

O fundador Conexiona, José Antonio Losas, foi elixido mellor novo empresario do ano, mentres que Txstockdata foi recoñecida co accésit na categoría de innovación.

O presidente de AJE Ourense, Lois Babarro, destacou que Conexiona é "unha empresa que aposta pola internacionalización e a innovación, ademais da creación de emprego".

Conexiona, que acaba de cumprir a súa primeira década de vida, opera no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), concentrando a súa actividade principal no desenvolvemento de solucións baseadas en JAVA para sistemas intelixentes e en tempo real. Entre elas, figuran unha aplicación para a xestión remota de gasolineiras e un sistema de domotización integral de inmobles, xa implantado nun colexio madrileño.

Pola súa parte, Txstockdata, acabada de instalar en Tecnópole, desenvolve aplicacións móbiles relacionadas coa xestión de activos financeiros. É o caso de Senseitrade, unha app capaz de recomendar os valores nos que convén investir utilizando a información que circula nas redes sociais en cada momento.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, encargado de entregar este premio, xunto a Carmen José López, a presidenta de AJE a nivel galego, destacou que os novos empresarios "son a pedra angular sobre a que debe pivotar o crecemento que se está a producir na comunidade".

(Fonte: La Región)