Cinco cidades galegas serán o escenario este mes de decembro de Big Ciencia, un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación que converterá as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo.
Cada ano, a Vicerreitoría do campus, co financiamento da Deputación Provincial de Ourense, convoca unha liña de axudas, chamadas INOU, para proxectos de investigación dos seus grupos. Esta convocatoria permite afondar aos seus beneficiarios en temas que van desde o estudo da necrópole de San Vítor de Barxacova ata o desenvolvemento de aplicacións turísticas para teléfonos intelixentes. Co obxectivo de visibilizar estes traballos e de que a cidadanía coñeza sobre que e quen investiga na súa Universidade, o campus de Ourense celebrará o vindeiro 12 de decembro as I Xornadas de Investigación INOU.
A pesar de que aparece sinalada constantemente nas mensaxes dos políticos, os empresarios e os analistas como a vía para saír da crise en España, o gasto en innovación tecnolóxica en 2012 foi de 13.410 millóns de euros, un 9,1% menos que o ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Sete empresas españolas figuran no ranking mundial de investimento en I+D 'Global Innovation 1000: Navegando no Futuro Dixital', realizado pola consultora Booz & Company, que inclúe as 1000 empresas que maior capital destinan a innovación.
Detrás do formigón tamén hai investigación e desenvolvemento. Galicia ten unha ampla bagaxe en coñecemento en enxeñería que, a raíz da crise, buscou novos mercados nos que ofrecer a ampla experiencia en I+D, elaboración e dirección de proxectos e supervisión de obras, un patrimonio técnico que se acumulou durante os anos dourados da obra pública en España, a grande eclosión nas infraestruturas que tivo lugar entre o 2000 e o 2009.
A empresa española Ros Rocha presenta os seus colectores intelixentes dotados con sensores que advirten non só que xa están cheos de lixo senón que, ademais, avisan se se orixina algún incendio nestes. Ros Rocha desenvolveu un colector intelixente de residuos, dotado cunha serie de sensores que recompilan datos sobre o seu estado. Por exemplo, estes sensores son capaces de detectar o nivel de carga do colector, o que facilita xestionar de forma máis eficiente o seu percorrido.
Sony, que foi unha das primeiras en apostar polos reloxos intelixentes e se apropiou da marca SmartWatch, agora solicitou en Estados Unidos a patente dunha perruca intelixente. Tal e como soa.
A aplicación de novos materiais e sistemas intelixentes para incrementar o confort de forma eficiente mediante procesos de aprendizaxe continua sobre os hábitos humanos é a ambiciosa proposta de investigación que impulsa a Unidade de Cooperación Estratéxica do Hábitat da Comunidade Valenciana (Unit Hábitat).
Repsol e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), organismo dependente do Ministerio de Economía e Competitividade, asinaron un acordo coa empresa Graphenea mediante o cal ambas as dúas entidades invisten, conxuntamente, un millón de euros no capital desta empresa tecnolóxica.
Robots cada vez máis pequenos que sexan capaces de levar a cabo as súas funcións mesmo no interior do corpo humano. Non é un sono de ciencia ficción, senón unha posibilidade próxima.
As empresas galegas terán ocasión de formular retos de supercomputación aplicada á industria no marco do proxecto europeo Fortissimo. O Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), socio do proxecto, enviará a Tecnópole o próximo 29 de novembro varios expertos para explicar o proxecto e recoller as propostas formuladas polas pemes tanto do Parque Tecnolóxico de Galicia coma doutros puntos.
O sistema antikamikazes para autoestradas presentado na Galiciencia 2013 foi o gañador absoluto do certame, no que competiron 50 equipos de estudantes de toda Galicia e tamén de Barcelona. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Xosé Lois Chorén e Unai Ansedes, do IES Xoán Montes (Lugo), presentaron un proxecto de seguridade viaria que foi destacado de xeito unánime polo xurado.