Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia captou o 40% dos fondos tecnolóxicos da UE para España

Entre as dúas convocatorias do Programa Interconecta, Galicia logrou captar 210 millóns de euros para proxectos innovadores que mellorarán a capacidade competitiva das 400 empresas beneficiarias. Esta cifra supón o 40% dos fondos europeos de Interconecta para España.

Os expertos recomendan ás empresas aproveitar as deducións fiscais de I+D+I para mellorar a súa conta de resultados

Preto de medio centenar de profesionais asistiron ao taller sobre deducións fiscais para actividades de I+D+i, organizado polo Centro de Excelencia de Vigo. Baixo o título "Unha visión práctica das deducións fiscais por actividades de I+D+i", os asistentes a esta xornada puideron coñecer en profundidade as particularidades dunha das mellores alternativas dispoñibles neste momento para o financiamento de proxectos de innovación.

Os Premios EMAS 2014, dedicados este ano á eco-innovación

O ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente animou ás empresas adheridas ao Rexistro EMAS a que presenten as súas candidaturas aos Premios EMAS 2014 da Comisión Europea, que se celebran este ano baixo o lema 'a eco-innovación como un instrumento eficaz de apoio ás melloras no desempeño ambiental'.

A UE abre as primeiras convocatorias de financiamento para I+D do programa Horizonte 2020

A Comisión Europea (CE) abriu as primeiras convocatorias para financiar proxectos científicos e de investigación entre 2014 e 2015, un período no que adxudicará fondos por valor de ata 15.000 millóns de euros como parte do seu plan para potenciar a innovación ata 2020.

Smarty Ring, un innovador anel intelixente para controlar o teu teléfono

A startup Smarty Ring creou un anel intelixente que se sincroniza co 'smartphone' do usuario e permite revisar notificacións, recibir chamadas e mensaxes, comprobar o estado da batería ou activar a cámara do teléfono, entre outras funcións.

O primeiro 'drone' que se matricula en Europa é español

A empresa española Flightech Systems presentou o primeiro RPA (avión tripulado por control remoto tamén coñecido como 'drone') que foi matriculado en Europa, baixo os criterios da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) española.

As enerxías renovables aforran 32.500 millóns de euros ao sistema eléctrico español

As enerxías renovables produciron un aforro de 32.538 millóns de euros no sistema eléctrico español como consecuencia do abaratamento que provocou a súa entrada no mercado diario entre 2005 e 2012. Neste último ano o sector das renovables produciu uns aforros ao sistema eléctrico de ata 6756 millóns de euros, tal e como mostran os datos do "Estudo do Impacto Macroeconómico das Enerxías Renovables en España" en 2012".

Teléfonos a gusto do consumidor á volta da esquina

O concepto de teléfonos modulares anunciado o pasado outubro por Motorola cada vez está máis preto de ser unha realidade. Recentemente, o CEO de Motorola, Dennis Woodside confirmou que o prototipo do teléfono modular do Proyect Ara está "moi preto" de ser completado e que cada persoa poderá personalizar a funcionalidade do seu teléfono.

Unha empresa española lanza a primeira pulseira de xeolocalización en Europa

Geobage Resources, a través da súa marca GeoChild, presentou en Europa a primeira pulseira de xeolocalización de nenos a través dunha aplicación móbil. O dispositivo, realizado integramente con tecnoloxía española, dirá aos pais en todo momento onde están os seus fillos e situaraos nun mapa que poderán ver a través do seu teléfono móbil, grazas á tecnoloxía GPS e Bluetooth.

Primux Tech presenta a súas novas tablets de altas prestacións e baixo custo en “Os mércores de Tecnópole”

Primux Tech protagonizará a última sesión do ano do ciclo “Os mércores de Tecnópole”, na que presentará a súa nova gama de tablets de altas prestacións e baixo custo. Tras sacar á venda hai un par de meses a súa liña de smartphones, a empresa, que ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, busca romper o mercado de Nadal das tablets electrónicas con tecnoloxía galega de última xeración a prezos mini.

Chega a Tecnópole o evento de coaching máis extremo, celebrado por primeira vez en aberto en Galicia

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole acollerá o próximo 20 de decembro a xornada de coaching extremo "Desafíate", que se celebra en aberto por primeira vez en Galicia despois de pasar con éxito por varias grandes empresas en eventos corporativos pechados.

Edisa dá a coñecer o potencial de diversas tecnoloxías na xunta anual de cooperativas farmacéuticas

O pasado 28 de novembro celebrouse a xunta anual das cooperativas farmacéuticas, integradas na asociación nacional ACOFARMA. A xunta tivo presenza galega: a que achegou a empresa Edisa, con sede en Tecnópole, que participou subministrando a súa visión tecnolóxica.

Páxinas