Facebook e Tuenti están a dar mostras de declive, con patentes caídas de usuarios e de uso. Ademais, algúns investigadores prognostican que as redes sociais máis xerais e locais seguirán perdendo importancia e que poderían desaparecer en poucos anos. ¿Acaso estamos empezando a ver como estala a burbulla dos social media?
Tecnópole acollerá o próximo día 23 de xaneiro unha xornada informativa sobre a convocatoria de axudas do Programa Conecta Peme, publicada recentemente para activar un investimento público de 8 millóns de euros en proxectos de innovación promovidos por pequenas e medianas empresas galegas.
O responsable de desenvolvemento de negocio de Contactnova, Rogelio García, estará o próximo 29 de xaneiro nos "Mércores de Tecnópole" para explicar as vantaxes do contact center (centro de contactos) como ferramenta ao servizo da xestión empresarial. Ademais, exporá as tendencias no seu sector e presentará as opcións de cooperación que a empresa ten abertas para proxectos conxuntos con outras empresas.
Catro de cada dez empresas dos polígonos industriais da bisbarra de Ourense carecen de páxina web e a gran maioría permanecen fóra das redes sociais. Estes son os principais resultados do estudo presentado por Goal Comunicación no ciclo "Os mércores de Tecnópole" sobre a reputación online das empresas dos polígonos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros.
Cun mercado e un consumo interno en crise, a supervivencia e o negocio de moitas empresas galegas e españolas está a ser a exportación dos seus produtos e servizos. Non obstante, non todas teñen os coñecementos e as capacidades para embarcarse nesta saída ao estranxeiro con garantías. Para axudar ás pequenas e medianas empresas a realizar e a xestionar as súas exportacións de acordo coa lexislación vixente, José Enrique Teijeiro, avogado e estudante de Historia, traballa dende a preincubadora de Tecnópole e a Universidade de Vigo na posta a punto do seu proxecto empresarial Fidextrack.
Despois do éxito obtido polo Curso de Introdución ao Método Científico organizado por Tecnópole en 2013, durante este primeiro cuadrimestre do ano celebrarase en catro cidades galegas o I Curso de Animadores Científicos, dirixido a profesores de centros escolares.
O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida (Bioga) entregou os seus I Premios Bioga a DART (Detection and Radiation Technologies) como mellor idea empresarial a Biotech e a Lonza Biologics Porriño, que recolleu o premio de Empresa Biotech máis competitiva.
Os máis de 300 quilómetros de carril "bici" que serpean polas súas rúas e a paixón dos seus veciños polas dúas rodas converten a Copenhague nunha das capitais mundiais da bicicleta. A finais de 2012 o Concello da urbe danesa decidiu consolidar esa afección cun moderno sistema de aluguer de bicicletas -o servizo GoBike, a través de "tablets"- que loce firma viguesa. A empresa de tecnoloxía I+D3 traballa no "software" e a electrónica do sistema xunto a outra decena de empresas co obxectivo de coordinar preto de 2000 "bicis" na meca do pedal.
Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) aplicaron linguas electrónicas desenvolvidas no seu laboratorio para medir a maduración de oito tipos distintos de uva (Macabeo, Chardonnay, Pinot Noir, Cabernet Sauvignon, Shyrah, Merlot e Bobal) en varios viñedos das localidades de Requena e Utiel (Valencia). Observaron unha boa correlación entre a resposta da lingua e parámetros que se analizan nas probas tradicionais: a acidez total do froito e a súa cantidade de azucre.
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo puxo en marcha a convocatoria de axudas para o desenvolvemento empresarial de proxectos tecnolóxicos innovadores por un importe de 140 millóns de euros, dos que 20 millóns son subvencións e 120 empréstitos.
O rápido consumo de enerxía dos 'smartphones' converteu a busca de enchufes e levar enriba un cargador na loita diaria de moitísimos usuarios. Por iso é tan boa idea esta carcasa presentada no CES das Vegas pola nova compañía Prong, xa que permite que levemos o enchufe incorporado.
As apps corporativas híbridas e HTML5 son as dúas tendencias que están a marcar o avance no escenario das aplicacións móbiles. Así o constata a empresa experta en desenvolvemento web e móbil, Tecnilógica, que prognostica un importante crecemento deste mercado á vista da configuración do novo usuario móbil e multidispositivo.