Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Gañadores de Galiciencia 2022

O pimeiro premio da 17ª edición de Galiciencia, celebrada baixo o lema da “Economía Circular”, recaeu no proxecto “Pondal nature, cosmética natural” de Carla García Pedrosa e Noa Caride, do CPR Eduardo Pondal de Cangas. As rapazas investigaron e levaron a cabo distintas receitas de uso tradicional para facer produtos de coidado persoal, a base de ingredientes naturais asequibles e respectuosos co medio, en particular plantas comúns que eles mesmo cultivan.

Éxito de participación dos centros educativos galegos nas actividades da Aula Newton

Os centros de educación Secundaria de Galicia amosaron un elevado interese por participar nas actividades da Aula Newton, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, o que propiciou que as 18 sesións previstas ata o mes de xuño se esgotasen en apenas 4 horas.

A Aula Newton Galicia, promovida conxuntamente pola Xunta de Galicia, Boeing, a organización sen ánimo de lucro First Scandinavia e Tecnópole, foi inaugurada o 19 de outubro de 2021 e no seu primeiro trimestre de actividade case 300 alumnos e alumnas gozaron desta experiencia de aprendizaxe.

As aceleradoras impulsan unha Galicia dixital, tecnolóxica e emprendedora

O papel das aceleradoras foi determinante para xerar unha cultura do emprendemento e está a permitir a aparición de proxectos innovadores nos sectores máis dinámicos da economía galega.

A Xunta creará case 3 quilómetros novos de sendas peonís en Ourense

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou a creación dunha senda peonil de 2,8 km en total. Trátase dun investimento de 1 millón de euros destinados a mellorar as marxes peonís na marxe esquerda da estrada OU-101.

As obras comezarán no outono e afectarán a Medorra e Paiseo, en Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz. O obxectivo é que estes tramos poidan estar xa a disposición da cidadanía na primavera de 2023.

A longa ruta das pezas de Coasa

Ourense leva máis de vinte anos no mapa do sector aeronáutico. Faino da man de Coasa, que abriu as súas instalacións no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas) no ano 2001 e que pertence á multinacional Aernnova. A firma asentada en Ourense conta cunhas instalacións de máis de 13.000 metros cadrados, que dan emprego a unhas 300 persoas e que facturan uns vinte millóns de euros grazas á elaboración de pezas para avións.

Coren logra un prezo estable para cinco anos na súa factura eléctrica

Endesa e a cooperativa galega Coren asinaron un contrato de subministración eléctrica a cinco anos con prezos estables. O acordo tamén abre unha senda para explotar de maneira conxunta o desenvolvemento de proxectos no ámbito da eficiencia enerxética e as enerxías renovables nas súas granxas e industrias. O convenio foi asinado na sede de Coren en Ourense polo presidente da cooperativa, Manuel Gómez-Franqueira, e o director de clientes B2B de Endesa, Juan José Muñoz.

A empresa galega Aerocamaras lanza un taller pioneiro en pilotaxe de drons para nenos

Os máis novos da casa xa poden aprender a voar un dron. As aeronaves non tripuladas convertéronse nos reis do aire e representan o presente e, sobre todo, o futuro para multitude de sectores: a demanda de pilotos de dron en España é cada vez maior e volveuse imprescindible en moitos sectores de actividade.

As pemes con patente tecnolóxica gañan impulso

Na Unión Europea, só unha de cada dez patentes de tecnoloxía propia da cuarta revolución industrial vén dunha empresa pequena ou mediana. En España, esa proporción duplícase: dúas de cada dez destas solicitudes de protección de innovación procede dunha peme, o que supón a terceira proporción máis alta no ranking europeo.

Tres mil millóns dará a Xunta para incrementar as empresas innovadoras

Galicia xa ten definida a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia até 2027, que sitúa a sustentabilidade, a innovación e as persoas como os eixos das políticas de I+D+i da Xunta cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5.000 millóns de euros de investimento público-privado.

O Goberno pon a disposición das empresas 140 millóns para avanzar en transformación dixital

O Ministerio de Industria pon a disposición das empresas e pemes 140 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para avanzar na transformación dixital da industria de Galicia. O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio das axudas Activa Financiamento, de apoio financeiro a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito da Industria Conectada 4.0.

Comeza a conta atrás para Galiciencia

A feira científica Galiciencia está promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación).

Rapaces de 12 a 16 anos de toda Galicia xa poden inscribirse no campamento tecnolóxico de verán que promove Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia promove, un ano máis, a X edición do campamento tecnolóxico de verán T2W -Tecnópole Technological Workshops-, en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Esta iniciativa forma parte da aposta de Tecnópole pola divulgación científica de calidade entre os máis novos.

Páxinas