O investimento en I+D das entidades dos parques científicos e tecnolóxicos españois medra un 12% alcanzando os 1.264 millóns de euros

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os parques científicos e tecnolóxicos españois seguen a medrar e a apostar polo investimento en I+D+i, ámbito que, aínda que está a sufrir grandes recortes orzamentarios, segue en alza na contorna dos parques, tal e como demostran as cifras presentadas por APTE na súa Asemblea Xeral.

Os representantes dos parques científicos e tecnolóxicos membros de APTE déronse cita a través de videoconferencia para celebrar a segunda Asemblea Xeral da Asociación de 2020, na que APTE presentou os datos estatísticos que elabora cada ano sobre a actividade das entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos españois correspondentes ao ano 2019.

Os parques socios de APTE pecharon o pasado ano cun total de 8.130 empresas e entidades instaladas nos seus recintos. Do total de empresas, 416 son de capital estranxeiro, as cales aumentaron un 9,5% con respecto ao exercicio de 2018.

O emprego tamén incrementou en 1,6%, dato que se traduce en 178.535 empregados, dos cales, 37.217 son persoas especializadas en tarefas de investigación e desenvolvemento (I+D), o que representa un aumento do 8,5% con respecto a 2018. A facturación das empresas tamén experimentou un avance moi significativo con respecto ao pasado ano, alcanzando a cifra de 29.907 millóns de euros facturados, un 3,2% máis que en 2018.

O ranking de sectores produtivos onde os parques aglutinan maior número de empresas segue a estar liderado polo sector TIC co 26,2% das empresas, seguido polo sector Enxeñaría, Consultoría e Asesoría co 22,3% e o sector Medicamento e Saúde co 7,1%.

Actualmente colaboran cos parques 44 universidades e 22 promoveron os seus propios parques. Por tanto, as actividades de I+D teñen unha gran relevancia no conxunto de actividade dos parques científicos e tecnolóxicos. En concreto, durante o ano 2019, os parques acumularon un investimento en actividades de I+D de 1.246 millóns de euros, cifra que supón un aumento do 12% con respecto a 2018. No apartado de patentes, as entidades instaladas nos parques operativos de APTE, durante 2019 obtiveron 468 patentes, o que supón un aumento do 70% con respecto a 2018 e solicitaron 575, rexistrando un aumento do 61,5% con respecto a 2018.

Fonte: APTE