Investigadores do Campus de Ourense aplican as novas tecnoloxías para controlar viñedos galegos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Grupo de Investigación de Agroinformática para a Viticultura da Universidade de Vigo acaba de desenvolver en colaboración coas adegas Valmiñor un sistema de viticultura de precisión que emprega as novas tecnoloxías, en novas tecnoloxías en beneficio dunha mellor eficiencia económica, garantía de calidade e respecto polo médio ambiente.

O grupo de traballo está dirixido polo profesor do campus de Ourense José Manuel García Queijeiro, que foi o encargado do desenvolvemento deste proxecto, financiado polo Plan Galego de I+D+i e cuxos resultados foron presentados nas propias Adegas Valmiñor.

"As viñas non son homoxéneas, sempre presentan certa variabilidade interna que inflúe nos factores que determinan o rendemento e a calidade da colleita. Esas variacións non provocan grandes desviacións nas parcelas pequenas, pero nas de maior tamaño si, polo que é preciso desenvolver plan de xestións personalizados", explica Queijeiro.

Tetracóptero teledirixido

A viticultura de precisión permite ás adegas, empregar novas tecnoloxías como GPS, GIS ou sensores de última xeración, para medir e delimitar as variacións do chan ou o microclima entre outros conceptos, dentro de cada viña e a distintos niveis de detalle. Coa información obtida con estas tecnoloxías elabóranse mapas temáticos de gran precisión que facilitan a integración e consulta de información detallada de cada viñedo.

"A partir desa información realízanse despois plans de xestión personalizada, como por exemplo das doses de fertilizantes recomendadas para cada zona", apunta o director deste novidoso grupo de traballo que aplica a nova tecnoloxía á produción vinícola.

(Fonte: Faro de Vigo)