Investigadores alemáns crean 'airwriting', un sistema para escribir sen teclado

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Cada vez máis pequenos e versátiles, os móbiles convertéronse en compañeiros inseparables para millóns de persoas. Non obstante, a comodidade que proporciona a escritura a través deles, cos seus diminutos teclados, é un campo susceptible de mellora.

Para iso, un equipo de científicos alemáns e expertos en computación do Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe (KIT) ideou un sistema denominado airwriting, que permite escribir mensaxes no teléfono sen intervención do teclado: coa man e no aire, como se dun encerado imaxinario se tratase.

"Os teléfonos intelixentes traballan sobre a base de teclados virtuais e pequenas pantallas, convertendo a escritura en algo molesto. Requírese dunha boa coordinación e concentración, e resulta complicado cando a persoa está en movemento", sinala Cristoph Amma, artífice xunto ao profesor Schultz Tanja, deste prototipo desenvolvido no Laboratorio de Sistemas Cognitivos (CSL) do KIT.

"O airwriting utilízase para escribir letras no aire, como se se utilizase un taboleiro invisible", precisa Amma nun artigo publicado polo Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe, que explica que iso é posible grazas a unha luva de datos equipada con tres xiroscopios e tres acelerómetros para medir o movemento da man.

"O Noso sistema componse dunha luva fina, un mitón que se pode integrar á perfección na vida do usuario. Na luva están os sensores e a correa do pulso sostén o controlador e a fonte de alimentación. Un microcontrolador le os datos dende o sensor e envíaos a través de Bluetooth a un ordenador", asegura Amma. "Hai que ser consciente -engade- de que se trata dun primeiro prototipo e de que a tecnoloxía actual permite a súa miniaturización", de modo que no futuro todo este dispositivo podería integrarse nunha simple pulseira ou na roupa. Dúas pequenas pilas recargables permiten o seu funcionamento durante máis de catro horas.

Ao contrario dos sistemas de recoñecemento xestual baseados en cámaras, estes sensores son moito máis pequenos, móbiles e robustos. E o primeiro que comproban é que o usuario realmente quere escribir.

(Fonte: EFE)