Unha investigación da Uvigo revela o potencial da casca de castaña en eliminación de contaminantes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Unha tese dunha investigadora da Universidade de Vigo logrou poñer de manifesto o potencial da casca de castaña nos procesos de adsorción e biorremediación para a eliminación de contaminantes en ámbitos acuáticos.

Segundo o estudo, da investigadora Marta Cobas (do grupo de Bioenxeñería e Procesos Sustentables), a casca de castaña revelouse como un material altamente útil nas técnicas de adsorción de contaminantes. Así, tras facer probas con cascas e outros materiais, como arxila e algas, as primeiras resultaron ser as que mellores propiedades demostraban.

Por outra parte, tamén se utilizou este residuo orgánico en procesos de biorremediación, é dicir, en técnicas fisicoquímicas para eliminar contaminantes a través do uso de fungos. Neste caso, as cascas de castaña tamén ofreceron resultados prometedores, para inducir a produción de encimas do fungo implicadas nesa eliminación de contaminantes.

A investigación de Marta Cobas incluíu tamén o deseño e simulación mediante software dun sistema integrado secuencial para a eliminación de efluentes de contaminación mixta. Así, a integración de ambas as dúas técnicas (adsorción e biorremediación) supón "unha solución respectuosa co medio, eficaz e sustentable," segundo esta científica.

(Fonte: EP)