Intellectia Bank continúa a súa internacionalización con nova sede en Moscú e a previsión de abrir oficina en Emiratos Árabes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa Intellectia Bank, con sede en Tecnópole, continúa avanzando no seu proceso de internacionalización coa apertura dunha nova sede en Moscú (Rusia) e a previsión de abrir oficina en Emiratos Árabes a principios de 2013.

Coincidindo coa aterraxe en Moscú, a empresa incorporou un novo manager internacional, Alberto Castro, bilingue en ruso e con ampla experiencia no país.

A semana pasada os responsables da empresa participaron no V Foro TIC Hispano-Ruso, celebrado no Parque Científico de Madrid. Alí mantiveron entrevistas con representantes institucionais e de empresas procedentes de Rusia, aos que expuxeron os seus proxectos xa en marcha en Skolkovo e na Universidade Lomonosov.

A intención da empresa é reproducir en Rusia o modelo de negocio que Intellectia Bank desenvolve en España, co foco posto no desenvolvemento de proxectos que vinculen intelixencia e investigación en tres sectores de actividade prioritarios: TIC, biotecnoloxía e medio.

Nos próximos días a empresa fará pública a versión da súa páxina web en ruso, mentres ultima a versión en árabe. A apertura da nova oficina no país asiático verase reforzada pola presenza no equipo da empresa da doutora en Enxeñería de Telecomunicacións Latifa ElMaazouzi.

(Fonte: Intellectia Bank)