A intelixencia artificial xa fai o traballo dos oficinistas en Xapón

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Ata agora a automatización de procesos de fabricación fora protagonista na introdución de máquinas en segmentos industriais e empresariais, pero agora os robots e a intelixencia artificial comezaron a facer a súa entrada en traballos "non manuais".

É o caso da empresa de seguros Fukoku Mutual Life Insurance, que comezará a utilizar a plataforma "IBM Watson Explorer" este mes para substituír o labor de 34 administrativos que escaneaban documentación de rexistros hospitalarios para establecer pagamentos e posibles fraudes.

A IA, á conquista do traballo en oficinas

A empresa gastará 1,7 millóns de dólares en instalar o sistema e ademais pagará 128.000 dólares en mantemento, un gasto elevado que non obstante lle permitirá aforrar 1,1 millóns de dólares en salarios grazas ao uso do software de IBM. En dous anos esperan polo tanto ter feito rendible este investimento.

Ese retorno económico non será a única vantaxe do sistema de intelixencia artificial, que segundo os responsables da implantación permitirá incrementar a produtividade nun 30%. O sistema de IBM xa se utilizara mesmo para analizar a reacción dos clientes ante un sistema de atención ao cliente automatizado como este, pero aí era onde a intelixencia artificial aprendía e se adaptaba para mellorar esa atención.

Este tipo de proxectos para substituír traballadores "de colo branco" (que non fan traballo manual máis típicos de cadea de montaxe, senón traballos máis administrativos) por sistemas automatizados estanse a facer cada vez máis populares. Outras tres empresas de seguros xaponesas están a avaliar estes sistemas, e unha empresa Israelí, Lemonade, investiu 60 millóns de dólares para "substituír os brokers e o papelame con robots e aprendizaxe máquina".

(Fonte: Agencias)