Intelixencia artificial para cidades cero emisións

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Hai cinco anos, 4.000 millóns de habitantes -o 54% da poboación mundial- vivía en cidades, unha porcentaxe que Nacións Unidas calcula será case do 60% en 2030, cando 5.000 millóns dos 8.500 millóns de persoas que vivirán no planeta habiten en grandes urbes. Por iso, as cidades estanse a transformar, non só para adaptar as súas infraestruturas ao crecemento poboacional, senón tamén para ser máis ecolóxicas, apostando pola eficiencia enerxética e a mobilidade sostible. 

As cidades de Ámsterdan (Holanda), Copenhague (Dinamarca), Helsinki (Finlandia), Stavanger (Noruega), Tallin (Estonia) e a rexión de París (Francia) uniron forzas enA14Cities, un novo proxecto a tres anos financiado pola Unión Europea, que desafía as empresas a desenvolver solucións en enerxía e mobilidade a través do uso da intelixencia artificial (lA), unha das tecnoloxías en auxe. 

Obxectivo 

Estas solucións teñen como obxectivo aproveitar ese potencial da intelixencia artificial para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro das cidades e axudar ás urbes a cumprir cos seus compromisos na loita contra o cambio climático para ser neutras en carbono, segundo a organización Iclei Europe (Local Governments for Sustainability). 

As urbes escollidas para Al4Cities, financiado con 4,6 millóns de euros, son pioneiras no uso de solucións para smart cities (cidades intelixentes) e empregan as novas tecnoloxías para resolver os problemas. O proxecto divídese en cinco grandes fases: unha preparatoria, tres de probas estándar (unha de deseño de solucións, outra de prototipos e outra etapa de proba de prototipos) e unha fase final de avaliación de impacto e seguimento. 

Innovación 

As cidades pasarán por un proceso de Contratación precomercial (PCP), unha ferramenta para estimular a innovación, xa que permite ao sector público dirixir o desenvolvemento de novas solucións directamente cara ás súas necesidades. Así, as seis urbes definirán as súas necesidades de solucións a desenvolver para avanzar cara á neutralidade de carbono en dúas grandes áreas: de enerxía e mobilidade. Logo, retarán a grandes e pequenas empresas a deseñar solucións innovadoras aos desafíos climáticos mediante o uso da lA e tecnoloxías como o 5G, o Internet das Cousas (IoT), o cloud computing e o bigdata. 

AI4Cities elixirá e financiará corenta contratistas, a metade para o desafío enerxético e a outra metade para o da mobilidade, que presentarán os seus deseños e estudos de viabilidade. Vinte deles (dez para cada un dos dous desafíos) serán convidados a desenvolver os seus prototipos, dos que seis pasarán á seguinte fase, onde se emprenderá unha serie de probas a maior escala. 

Fonte: Expansión