O Instituto Tecnolóxico de Galicia cederá os seus recursos ao Estado

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), con sede na Coruña, e os centros tecnolóxicos da Federación Española de Centros Tecnológicos (Fedit), entidades privadas que se dedican á investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico, acordaron pór a disposición do Goberno todas as súas capacidades tecnolóxicas, recursos e infraestruturas nesta situación de crise. Así, a través do Ministerio de Ciencia e Innovación, os 35 centros que pertencen ao Fedit trasladaron a súa determinación de pór ao servizo do Estado os seus recursos humanos e tecnolóxicos, así como a súa capacidade para a xeración e explotación do coñecemento en todos os sectores nos que operan.
 

Así, máis de 4.500 investigadores e tecnólogos traballarán nas prioridades marcadas polo Goberno para facer fronte aos retos que se expoñan no presente e futuro. 

Preparados para o reto 

En palabras do presidente e director xeral do ITG, Carlos Calvo, “os centros tecnolóxicos de España aglutinan coñecemento, capacidades e equipamento para acometer, de forma coordinada, calquera reto que nos demande o país. Non houbo dúbidas, a totalidade do colectivo porá todos os seus recursos ao servizo das necesidades que determinen as distintas Administracións do Estado”. “Suporá unha mobilización de coñecemento tecnolóxico desde o sector privado sen precedentes en España”, engadiu Calvo. 

Nos vindeiros meses todos os sectores empresariais van necesitar un esforzo importante para volver retomar o rumbo da competitividade. Hai que tentar evitar custe o que custe que esta situación poña freo á súa capacidade para innovar, e os centros tecnolóxicos como panca que poden manter a I+D+i no curto, medio e longo prazo, poden contribuír a liderar a saída da crise e a recuperación das empresas, segundo apuntan desde o propio Instituto Tecnolóxico. 

Fonte: El Ideal Gallego