Inplasor recibe un premio europeo á innovación por deseñar unha unidad robotizada

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa ourensá Inplasor, vencellada ás auxiliares da automoción, acaba de recibir unha distinción europea á innovación polo deseño dunha unidade robotizada. Trátase, segundo destacan desde a firma asentada no polígono de San Cibrao das Viñas, dunha solución global para a cadea de montaxe, cunha ducia de funcións integradas para múltiples tarefas. O galardón foi concedido nos seus premios de mellores prácticas por parte de EACN, siglas en inglés da Rede Europea do Clúster da Automoción.

O proceso de I+D+i foi realizado e implantado con medios internos e desenvolto de maneira íntegra en Ourense. «A unidade de traballo autónoma é como unha navalla suíza para nós, porque integra nun espazo limitado múltiples operacións e procesos, desde a extracción de pezas do molde e colocación de insertos, á clasificación de referencias e control de calidade final por medio de cámaras de visión artificial», explica Alia Gómez, xerente de Inplasor Galicia.

A unidade robótica premiada en Europa está a producir de maneira autónoma pezas de plástico para interiores de automóbiles, dentro da órbita dos provedores dos auxiliares da automoción galega. Desde a firma ourensá destacan que esta unidade permitirá aumentar a produtividade e a seguridade nos procesos de montaxe. «A automatización e estandarización de procesos, a optimización de recursos pola súa polivalencia ou a redución dos danos nos moldes están entre as súas vantaxes”, explica Adrián Presa, do departamento de I+D.

Fonte: La Voz de Galicia