Innovadora tecnoloxía que detecta substancias estrañas en alimentos e bebidas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Unha técnica avanzada de detección de contaminantes e materias estrañas en alimentos permite penetrar en alimentos e detectar contaminantes ou corpos estraños de tamaño reducido (ata 2 e 3 milímetros), situados na superficie ou mesmo no seu interior. Esta técnica, centrada na interacción entre a luz infravermella e a materia, denomínase visión penetrante NIR e utiliza cámaras con sensores, especialmente sensibles ao rango espectral NIR, que son capaces de captar características completamente invisibles para o ollo humano.

Esta tecnoloxía é de grande utilidade para o sector agroalimentario. É aplicable sobre as liñas de procesado de empresas de froitas. Por exemplo, no caso concreto de cereixas sen óso para utilizar no sector da confeitería. Aplícase xusto nun punto posterior ao desosado das cereixas para detectar directamente sobre a liña de procesado calquera cereixa que non fose desosada ou que fose parcialmente desosada. Neste caso, este sistema detectaríaa e nun punto posterior sería expulsada.

Técnica avanzada de análise

A visión penetrante NIR é unha técnica avanzada de análise desenvolvida para a detección de corpos estraños en aplicacións agroalimentarias. Con esta tecnoloxía dende AINIA conseguiuse detectar contaminantes ou corpos non desexados de baixa densidade en alimentos de moi distinta variedade. Ademais, detecta a substancia estraña independentemente da posición que se atope dentro do alimento, na superficie, na parte inferior ou mesmo no interior.

Os especialistas en visión avanzada atoparon certas bandas do espectro especialmente penetrantes en alimentos, que permiten atravesar o alimento varios centímetros. Trátase dunha técnica baseada na capacidade da radiación infravermella próxima NIR capaz de atravesar a materia nalgunhas lonxitudes de onda. Empregando unha fonte de emisión monocromática de potencia e fotodetectores de silicio, é posible detectar a atenuación ou dispersión que provoque unha materia estraña.

Esta aplicación traballa en tempo real procesa ao momento cada frame que capta a cámara. O contaminante ou materia estraña detectado queda rexistrado nunha base de datos para a súa posterior análise. A principal vantaxe do sistema é a súa capacidade de penetración da luz sobre a maioría de compostos orgánicos dos alimentos. Desta forma, conséguense identificar características invisibles para o ollo humano.

(Fonte: SINC)