Innovación en procesos, a clave do éxito de Inditex e Amazon

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Captar as tendencias e levalas con rapidez e eficiencia ao mercado, no caso de Inditex, ou perfeccionar un sistema loxístico ata ser capaz de entregar unha compra online en só dúas horas, no caso e Amazon, son dous exemplos de innovación en procesos que abriron a porta do éxito empresarial a dúas multinacionais líderes no seu sectores.

Os procesos produtivos e as claves da súa transformación centraron na Coruña o XII Encontro de Alumni de IESE en Galicia, que contou coa intervención do director de Operacións de Amazon en España, Francia e Italia, Fred Pattje.

O profesor Alejandro Serrano, especialista en produción, tecnoloxía e operacións, defendeu a innovación nos procesos como "unha fonte de vantaxe competitiva de primeira orde para as empresas" e apuntou a Inditex, Amazon e Toyota como "corporacións que se distinguiron por basear as súas estratexias de éxito precisamente máis no proceso que no produto".

Dun garaxe de Seattle ao mundo

Pola súa parte, Fred Pattje, na súa conferencia titulada The Amazon network: Super Fast & Sustainable (A rede de Amazon, súper rápida e sustentable), fixo un percorrido sobre o desenvolvemento que experimentaron as operacións do xigante do comercio electrónico para crecer dende un garaxe en Seattle ata dispoñer de centos de centros loxísticos en todo o mundo, con entregas ultrarrápidas e centos de millóns de produtos dispoñibles nos sitios web da compañía.

Pattje tamén quixo poñer de relevo o recente Compromiso Climático de Amazon, que presenta a promesa da corporación de cumprir co Acordo Climático de París dez anos antes. Para iso, a compañía cofundou The Climate Plegde, un compromiso polo cal acepta medir e informar das súas emisións de gases de efecto invernadoiro de forma regular, trazar estratexias de descarbonización e neutralizar as emisións restantes con compensacións adicionais cuantificables.

Para conseguir este reto, Amazon encargou 100.000 vehículos de repartición eléctricos, realizaou grandes investimentos en enerxías renovables para alcanzar o 80% de enerxías limpas antes de 2024 e o 100% antes de 2030; e destina 100 millóns de dólares para recuperar e protexer bosques, humedales e turbeiras en todo o mundo, a través da ONG The Nature Conservancy. A charla celebrouse no edificio do Museo de Arte Contemporánea (MAC) que Naturgy pechou hai un ano.

(Fonte: La Opinión)