Iníciase o proceso de selección de empresas do programa Connect-19, a aceleradora de pemes especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19 impulsada por Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia teñen en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19 (http://connect19.gal), poderán participar ata 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa se iniciou a fase de selección das propostas presentadas.

O programa ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola COVID-19. Terá unha duración de cinco meses e contará cun orzamento de preto de 600.000 euros. As empresas recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica, á vez que se potenciará a súa capacidade de captación de financiamento. Para iso seguirase unha folla de ruta personalizada enfocada a fortalecer o acceso ao mercado de cada un dos proxectos.

Entre outros aspectos, as pemes participantes recibirán apoio para obter acreditacións de innovación e certificacións referentes ás normas e directivas sanitarias, así como para avanzar na comercialización e internacionalización dos seus produtos ou servizos, identificando novos mercados potenciais. Así mesmo, axudaráselles a captar socios investidores. Expertos en diferentes áreas de crecemento empresarial e comercialización traballarán coas empresas seleccionadas de maneira personalizada para conseguir os obxectivos do programa.

Apoio especializado para calquera peme con produtos e servizos fronte ao coronavirus

O programa vai dirixido a pemes de calquera sector que conten cun produto ou servizo innovador que poida contribuír á loita contra o impacto producido pola crise da COVID-19 e que sexa susceptible de incorporar de forma inmediata ao mercado ou que se atope xa no mercado pero que precise impulso para o seu posicionamento.

A nova aceleradora seguirá a metodoloxía de fortalecemento de capacidades comerciais que xa demostrou resultados no tres edicións do programa Agrobiotech, impulsado de maneira conxunta polo Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia.

Fonte: Tecnópole