A industria fintech consolídase en España con novas tendencias

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Asociación Española de FinTech e InsurTech (AEFI) continúa incorporando novos actores ao ecosistema fintech que supoñen a consolidación desta industria, cuxo obxectivo prioritario segue sendo democratizar os servizos financeiros e fomentar o aforro a través da innovación.

A nova vertical agrupa a Neo Banks, Challenger Bank e BaaS, que se unen ás outras nove existentes -asesoramento e xestión patrimonial, finanzas persoais, financiamento alternativo, crowdfunding e crowdlending sobre activos ou bens tanxibles, servizos transaccionais e divisas, medios de pagamento, infraestrutura financeira, criptocurrencies e blockchain, InsurTech, identificación e onboarding online de clientes e Big Data- e que a ollos de Jesús Pérez, presidente da AEFI, supoñen "un paso máis á hora de marcar tendencias no mundo fintech, cada vez máis asentado en España".

Os Neo Banks ofrecen unha experiencia mobile-first cun partnership, banco tradicional que fai de depositario do diñeiro, e encárgase de temas como cumprimento normativo, Know your Customer (KYC) ou controis e procesos de supervisión que teña unha entidade para coñecer os seus clientes. En canto aos Challenger Banks, aspiran a converterse en fully-licensed banks, creando unha nova experiencia bancaria para o cliente, cun modelo data-driven e con novas propostas de prezos, produtos e servizos, ben propios ou de terceiros. Pola súa banda, os BaaS (Bank as a Service) son aqueles que ofrecen servizos de plataforma financeira, modelo marca branca, para que, ben coa licenza do propio BaaS (banco, entidade de diñeiro electrónico ou entidade de pagamento) ou coa dun terceiro, pero sobre todo apoiándose na tecnoloxía doutras entidades poidas ofrecer servizos financeiros.

Guillermo Vicandi, responsable da nova vertical da AEFI, opina en torno a estas tres novas incorporacións que "o reto é conseguir que o público entenda que están suxeitos á mesma regulación que os bancos tradicionais e, polo tanto, é igual ou máis seguro para os clientes utilizar estes servizos que os da súa entidade tradicional". Respecto aos Neo Banks, a AEFI subliña que non teñen o legado da banca tradicional, xa que a tecnoloxía que utilizan é punteira e ademais se construíron dende cero. "A maioría das startups que traballan neste ámbito empezan sendo neo. A partir de aí, e en función dos diferentes modelos de negocio que se poden formular, algúns proxectos seguen funcionando deste xeito e, outros aspiran a conseguir ter unha licenza bancaria".

(Fonte: Innovaspain)