Industria abre axudas de 140 millóns para proxectos tecnolóxicos innovadores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo puxo en marcha a convocatoria de axudas para o desenvolvemento empresarial de proxectos tecnolóxicos innovadores por un importe de 140 millóns de euros, dos que 20 millóns son subvencións e 120 empréstitos.

Segundo sinalou o departamento que dirixe José Manuel Soria, a semana pasada abriuse o prazo para solicitar as axudas dentro do Plan de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

O obxectivo é financiar liñas de actuación en infraestruturas de internet do futuro, compoñentes e sistemas electrónicos, solucións para o desenvolvemento de computación na nube, solucións TIC Big Data, ciberseguridade e confianza dixital, así como proxectos internacionais englobados no programa EUREKA de apoio á I+D+i no ámbito europeo.

Co fin de facilitar o acceso ao financiamento, reduciuse a 200.000 euros o presuposto mínimo dos proxectos, mentres que o prazo para presentar proxectos se estende ata o 30 de xaneiro, ambos os dous incluídos.

As axudas dirixiranse a proxectos que estean preto do mercado e incrementen a competitividade da industria TIC española.

Para avaliar os proxectos, terase en conta a súa innovación tecnolóxica, a solvencia financeira e técnica dos solicitantes, o impacto socioeconómico dos proxectos e a proxección internacional das empresas pola actividade de I+D+i en TIC desenvolvida.

(Fonte: El Economista)