Indra estuda reducir o tráfico con intelixencia artificial e Big Data

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Indra foi a encargada de liderar un proxecto europeo chamado I+D+i BeCamGreen, unha iniciativa que ten como obxectivo desenvolver unha solución, baseada en visión e intelixencia artificial e en Big Data, que contribúa a reducir o tráfico, especialmente de vehículos cun só ocupante, e impulsar novas políticas de mobilidade sustentable.

Deste modo, o proxecto de Indra permitirá ás autoridades municipais e a outros xestores de infraestruturas de transporte (como operadores de estradas ou aparcadoiros), coñecer os patróns de mobilidade e establecer estratexias e políticas que reduzan a conxestión do tráfico, dean prioridade e fomenten o uso do transporte público, os vehículos de alta ocupación e de baixas emisións, coa conseguinte mellora da circulación, da calidade do aire e dos niveis de ruído.

"A precisa e automática identificación de vehículos e ocupantes, combinada co procesamento e análise de datos, facilitará un mellor coñecemento do tráfico, a aplicación de descontos ou penalizacións; tarificacións variables, por exemplo en aparcadoiros ou peaxes; ou restricións de acceso a determinadas vías, especialmente no centro das cidades, en función dos viaxeiros ou do tipo de vehículo, a matrícula, etc.", explican dende Indra. Ademais, a causa deste proxecto, preténdese contribuír a promover entre os cidadáns o uso do transporte colectivo, os vehículos compartidos, de alta ocupación, de baixa emisión, aparcadoiros disuasorios, etc.

Para iso, dende a institución española afirman que aproveitarán investigacións previas para "perfeccionar e probar" nun escenario real con circulación "un produto totalmente comercializable e único no mercado, que permite identificar de forma automática, en tempo real e cunha alta precisión o tipo de vehículo que circula por unha vía e o número de ocupantes, tanto nos asentos dianteiros como traseiros".

Por outro lado, actualmente a implementación deste tipo de medidas leva consigo para o seu cumprimento e detección de infraccións, a vixilancia e os controis disuasorios por parte das autoridades de tráfico. Isto é unha focha para Indra, polo que lamentan que estas cuestións fagan deste proxecto "algo complexo, pouco efectivo e pouco fiable para a súa extensión".

(Fonte: Innovaspain)