Impulso á enerxía renovable para aforros nas instalacións de un millón

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta quere que o sector primario aforre este ano ao redor dun millón de euros na súa factura enerxética. Para iso, deseñou unha convocatoria de axudas que busca impulsar proxectos de enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxética. Están pensadas para agricultores e gandeiros, pero tamén para empresas e autónomos relacionados con este sector. As subvencións teñen un orzamento de 2,5 millóns de euros, o que facilitará a mobilización dun investimento final público-privado de 8,5 millóns repartido nuns 200 proxectos.

As axudas están pensadas para empresas e autónomos do sector agrícola primario, que poderán acceder a elas ben directamente, ben a través de compañías de servizos enerxéticos. Promoverán a instalación de sistemas de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e eólica, así como as actuacións de mellora da eficiencia enerxética que reduzan o consumo inicial en, polo menos, un 40 % en proxectos de iluminación ou nun 10 % no resto de iniciativas. As actuacións que poden acollerse inclúen equipamento principal de xeración, custo de montaxe e posta en marcha.

Porcentaxes

A contía será do 30 % do custo no caso de grandes empresas, 40 para medianas e 50 para as pequenas, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e 300.000 por empresa, agás nas instalacións de autoconsumo colectivo, nas cales se poderán alcanzar os 500.000 euros por proxecto e empresa.

Nesta ocasión, convocaranse en concorrencia competitiva co obxectivo de priorizar a implantación de instalacións renovables en explotacións agrarias que carezan delas e nas situadas en zonas economicamente menos favorecidas, para o que se terán en conta os datos do IGE da renda dispoñible bruta por habitante. Con esta convocatoria prevense crear 70 postos de traballo e reducir as emisións de 3.600 toneladas de carbono ao ano, cun impacto equivalente á plantación de 180.500 árbores e un aforro enerxético de 920.000 litros de gasoil.

Fonte: La Voz de Galicia