Impresión 3D ata na cociña

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A impresión 3D é unha tecnoloxía que madurou dunha forma impresionante, deixou de ser esa tecnoloxía afastada sempre en desenvolvemento que apuntaba a ser utilizada polos nosos fillos ou netos, aínda que hai que destacar que non está de todo presente no mercado de usuarios finais. Non obstante as súas aplicacións son só unha pequena parte do seu potencial e alcance.

Ao día de hoxe xa vimos como a impresión 3D está presente en próteses, zapatillas, medicinas, e mesmo coches e ata edificios, pero curiosamente non fixo o seu debut, non polo menos cun proxecto serio, dentro da arte culinaria, por iso o proxecto que veremos a continuación é unha atractiva luz ao final do túnel, xa que estariamos ante a primeira impresora 3D creada para cociñar e deseñar alimentos.

Fóra daquel deseño de impresora de gominolas e outro máis dedicado a crear pancakes, non vimos impresoras 3 D capaces de crear comida, isto sucede principalmente porque o material é difícil de adaptar a unha cápsula, ademais de que está propensa a unha data caducidade e necesita cociñarse, por iso os primeiros deseños enfocábanse en materiais non perecedoiros.

Agora grazas a un proxecto da Universidade de Columbia en Nova York estamos ante unha impresora 3D que aseguran podería cociñar os alimentos e "imprimilos" para ofrecer unha presentación atractiva, isto co obxectivo de ter unha diminución no desperdicio de comida xa que só se imprimiría a cantidade necesaria, ademais de que serviría para levar un control nutricional ao imprimir só as capas necesarias.

No proxecto colaboran o Centro Internacional Culinario (ICC) e enxeñeiros mecánicos da mesma Universidade de Columbia. O funcionamento da impresora baséase nunha mestura de ingredientes que están situados en ata oito cartuchos, os cales son unha especie de puré conxelado; aquí a impresora será capaz de desconxelar o produto, mesturalo e realizar o deseño que se creou a partir dun software especial.

A mala noticia é apenas se trata dun proxecto con miras a ser lanzado en 2020, isto cando os custos diminúan xa que ao día de hoxe crear un dispositivo deste tipo é financeiramente inviable, non obstante os seus creadores están convencidos que este pode ser o futuro da comida e sobre todo dos restaurantes, onde ao día de hoxe o desperdicio é algo preocupante.

(Fonte: xataka)