IBM abre o seu ordenador cuántico a investigadores e afeccionados

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
IBM puxo a disposición dos usuarios un servizo cloud que permite usar en remoto o ordenador cuántico da compañía de cinco qubit. Pode que á computación cuántica lle quede aínda un pequeno camiño por percorrer para converterse nun estándar ao nivel que as tecnoloxías actuais, pero os investimentos e investigacións de xigantes como Google e a NASA neste campo están a achegar esta tecnoloxía do futuro ao presente, un futuro para o que nin os académicos nin as grandes empresas se poñen de acordo en como debe ser.

Mentres chega o día no que a computación cuántica sexa un estándar, IBM puxo a disposición dos usuarios un servizo cloud que permite usar en remoto o ordenador cuántico da compañía de cinco qubit que instalaron no seu laboratorio de investigación en Yorktown Heights, Nova York, todo a través dunha interface bastante sinxela; sempre e cando entendas algo de computación cuántica, e como servizo cloud baixo demanda.

O interesante do asunto non está directamente en ofrecer esta tecnoloxía ao público de consumo, está en dar a oportunidade aos investigadores que non teñen á súa disposición un equipo destas características para as súas investigacións, ofrecendo un ordenador exponencialmente máis potente dos que teñen á súa disposición hoxe en día.

Para acceder ao servizo de IBM hai que solicitar invitación ao programa, e loxicamente ter coñecementos básicos de computación cuántica para aproveitar esta oportunidade que ofrece a compañía, ata agora só dispoñible para compañías como Google ou a NASA.

(Fonte: Hipertextual)