Iberdrola obtén un Innovation Award 2018 da rede IMPACT2030 polo seu programa de voluntariado corporativo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Iberdrola obtivo o Innovation Award (Premio á Innovación) 2018 na categoría Sector privado. Activación, outorgado pola rede IMPACT2030, en recoñecemento ao seu programa de voluntariado corporativo.

IMPACT2030 é unha iniciativa froito da colaboración global do sector privado e a ONU cuxa misión única é mobilizar o capital humano das empresas a través de programas de voluntariado corporativo para avanzar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU.

O premio logrado por Iberdrola persegue destacar os enfoques innovadores neste ámbito. En concreto, e segundo sinalou o xurado, a compañía foi galardoada por ser "unha empresa que innova para educar, inspirar e unir empregados arredor dos ODS na súa comunidade e brinda oportunidades para que sexan axentes do cambio e consigan impacto", así como polo "seu excepcional compromiso para activar os voluntarios cara aos ODS".

Este premio foi entregado na sede da ONU en Nova York, no marco do recente Cumio de IMPACT2030. Begoña Barberá, responsable de Proxectos Sociais de Iberdrola, foi a encargada de recollelo. "A nosa compañía está totalmente comprometida coa axenda 2030 e aposta realmente por realizar unha contribución decisiva para conseguir un mundo máis sustentable", indicou.

É a primeira edición dos galardóns Innovation Awards de IMPACT2030, que terán carácter bienal e que nacen coa vocación de converterse nun referente mundial neste ámbito.

O Programa de Voluntariado Corporativo de Iberdrola púxose en marcha no ano 2006 e hoxe é un proxecto global, internacional e aliñado cos valores do grupo e a súa Política de Sustentabilidade, que conformou unha comunidade de voluntarios que, a través de proxectos nacionais e internacionais, favorece a mellora da contorna e a calidade de vida das persoas máis vulnerables.

(Fonte: Innovamás)